Convocatoria 2016

Introdución

Na Orde do 16 de marzo de 2011, da Consellería de Economía e Industria, establé­cese que a consellería competente regulará mediante orde o procedemento e a convo­catoria para a realización dos exames encamiñados á obtención tanto dos carnés como de calquera outra habilitación profesional necesaria no ámbito da seguridade industrial

O acordo de coordinación asinado o 9 de abril de 2010 entre a Consellería de Econo­mía e Industria e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, faculta a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para reali­zar as convocatorias anuais para a obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais polo procedemento de exame.

O Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, establece que a consellería con competencia en materia de educación será o órgano competente para convocar as probas teórico-prácticas necesarias para a obtención de determinadas certificacións.

Orde da convocatoria do 2016

Publicada a Orde do 1 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2016.

Especialidades das convocatorias ordinaria e extraordinaria 2016

Carnés profesionais que se convocan:

- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
- Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil    autopropulsado,categoría A.
- Carné profesional de operador/a de guindastre móbil    autopropulsado,categoría B

Habilitacións profesionais que se convocan:

- Operador/a industrial de caldeiras.
- Instalador/a de gas, categoría A.
- Instalador/a de gas, categoría B.
- Instalador/a de gas, categoría C.
- Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
- Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
- Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de    calquera carga de refrixerantes fluorados.
- Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga    de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
- Manipulador/a en equipamentos de transporte refrixerado de    mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de    refrixerantes fluorados

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

  • Para a convocatoria ordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 15 ao día 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
  • Para a convocatoria extraordinaria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 1 ao día 13 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, tamén nos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, na oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes irán dirixidas ao director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

      - Solicitude de inscrición. Anexo I.

Documentación complementaria

  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte (no caso de non autorizar a consulta de datos de identidade telemática).
  • Xustificante de liquidación de taxas (38,37 €) modelo A (clave 32.07.01) especificando:
    - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria    (cod. 07).
    - Delegación Servizos Centrais (cod. 13).
    - Servizo de Xestión da Formación Profesional (cod. 03).
  • Fotocopia da titulación ou os estudos requiridos, de ser o caso.
    - Ensinanzas equivalentes co título de educación secundaria obrigatoria
  • Certificado de aproveitamento do curso impartido por unha entidade de formación autorizada, para as especialidades nas que así o estableza a normativa. No caso de estar a cursalo, certificado desta situación. Neste caso, será necesario presentar a certificación de superación o día do exame teórico.
  • Acreditación da experiencia laboral, só para as especialidades de Instalacións térmicas e gases fluorados: 
    - Informe de vida laboral.
    - Certificado de actividades da empresa. Anexo II.
  • Certificación de ter superado un exame médico, para as especialidades nas que así o estableza a normativa.

 

Tema: