Novas da Rede

XIX concurso de cociña e coctalaría José Rodríguez-Moldes Rey

O pasado xoves 8 de marzo de 2018 celebrouse a XIX edición do concurso de cociña e coctalaría José Rodríguez-Moldes Rey, no IES Fraga do Eume de Pontedeume.

No apartado de cociña, este ano tivo continuidade a dinámica establecida nas pasadas edicións cunha elaboración tradicional, mexillón de Galicia en escabeche, realizada exclusivamente cos ingredientes propostos nas bases do concurso e unha elaboración creativa a base de anguía.

Como novidade desta edición, o concurso de coctalaría celebrouse en dúas modalidades: clásica, na que se valorou a destreza e técnica dos participantes a partir dun receitario internacional de coctalaría; e creativa, na que se valorou a técnica, a decoración, a creatividade, a execución e o sabor de creacións orixinais presentadas polos participantes.

Ademais, desde fai oito anos celébrase simultaneamente un concurso de creación de carteis para anunciar o evento, no cal están invitados a participar os centros con ensinanzas de artes gráficas e artísticas.

A relación de gañadores do certame é a seguinte:

Concurso de cociña

  • 1º Premio: CIFP Compostela
    Daniel Recarey Liñares e Roberto Douton Ferreiro, cos pratos Mexillóns de Galicia en escabeche e Anguía a baixa temperatura con ali-oli, espumoso e crocante de pan e pimentón
  • 2º Premio: IES de Vilamarín
    Óscar Paz Alonso e Iago González Rodríguez, cos pratos Mexillóns de Galicia en escabeche e Anguía, algas, millo e castañas

Concurso de coctalaría creativa

  • 1º Premio: CIFP Paseo das Pontes
    Aarón Santiago Núñez Torres, co cóctel Fancy Drink SHRUB STORY
  • 2º Premio: CIFP Compostela
    Francisco García Piñeiro, co cóctel Long Drink VANAGANDR SPICED COOLER

Concurso de coctalaría clásica

  • 1º Premio: IES Fraga do Eume
    Paula Piñeiro Vázquez
  • 2º Premio: CIFP Carlos Oroza
    Pablo Bugallo Barros

Concurso de carteis

  • 1º Premio: IES Leixa
    Víctor Serantes