Spainskills 2009

Olimpíadas Nacionais de Formación Profesional: Spainskills 2009 


 

Do 20 ao 25 de abril e organizadas polo Ministerio de Educación celebráronse en Madrid as Olimpíadas da Formación Profesional  SpainSkills 2009, nas que 150 estudantes de distintos ciclos formativos de formación profesional procedentes de centros educativos de todas as Comunidades Autónomas e de Ceuta e Melilla mediron as súas destrezas e habilidades en dezaoito skills ou profesións. Cada participante demostrou a súa competencia profesional durante catro días de competición a través dunha ou varias probas de carácter eminentemente práctico.

A nosa Comunidade Autónoma participou en 13 skills e obtendo os seguintes recoñecementos:

  • Carrozaría:
    OURO: Rubén Pico Meizoso do IES Ferrolterra (Ferrol)
  • Perrucaría:
    OURO: Sabela Garrido Comesaña do IES de Teis (Vigo)
  • Vehículos industriais:
    OURO
    : Alba Pardo Fernández e María del Carmen Aldereguía Prado do IES Ferrolterra (Ferrol)
  • Tecnoloxía da moda:
    OURO
    : Irene Márquez Fenández do IES Paseo das Pontes (A Coruña)
  • Ebanistería:
    PRATA
    : José Eladio Tilve García do IES A Xunqueira (Pontevedra)
  • Tecnoloxía da moda:
    PRATA
    : Sara Suevia Barral Naviera do IES Paseo das Pontes (A Coruña)
  • Deseño web:
    BRONCE
    : Carlos Serramito Calvo do IES San Clemente (Santiago)
  • Tecnoloxía da moda:
    BRONCE: Sandra Rey Novo do IES Paseo das Pontes (A Coruña) 

 

 
 Ademais dos campionatos, celebrouse a Mostra de FP onde Galicia participou cos postos da familia profesional de Actividades Marítimo-Pesqueiras e o institucional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Etiquetas: