SpainSkills 2019. Participación da delegación galega

Entre o 27 e 29 de marzo de 2019 celebrarase o campionato nacional de Formación Profesional, Spainskills 2019, organizado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración coas comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Galicia presenta 28 competidores que participan en 26 skills. Estes competidores son os gañadores das medallas de ouro da V edición dos Campionatos Galegos da Formación Profesional Galiciaskills 2018, celebrados en Silleda no mes de novembro do 2018.

Ademais, Galicia terá representación en dúas modaldiades de exhibición: Recepción hoteleira e Drons.

Etiquetas: