Xornadas de formación en orientación vocacional e profesional. Curso 2019-2020

O vindeiro martes 12 de novembro de 2019, celebraranse no Hotel Congreso en Santiago de Compostela, as Xornadas de formación en orientación vocacional e profesional para o curso 2019-2020, dirixidas prioritariamente a xefes/as dos Departamentos de Orientación e profesorado da especialidade de Formación e Orientación Laboral dos centros educativos públicos.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na aplicación de formación do profesorado, a través da ligazón fprofe, empregando como criterio de busca a referencia da actividade X1902072.

O prazo de inscrición remata o 7 de novembro de 2019.