Política de privacidade

Neste momento, e amais das consideracións realizadas no Aviso legal, a política de privacidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia baséase no seguinte:

  • Solicitaránselle exlusivamente aqueles datos imprescindibles a fin de proporcionarlle os servizos do portal.
  • Os datos de carácter persoal existentes nos servidores web da Consellería de Educación e Ordeación Universitaria da Xunta de Galicia, non serán distribuídos nin empregados para fins comerciais ou publicitarios por parte da Consellería. En ningún caso, ditos datos serán destinados a outros fins nin se entregarán a terceiras partes, de acordo cos principios de Protección de datos de carácter persoal da lexislación vixente.
  • A Consellería pode utilizar cookies cando un Usuario navega por algunhas páxinas web que así o requiran. O Usuario ten a posibilidade de configura-lo seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedi-la instalación de cookies no seu disco duro. Por favor, consulte as instruccións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para a navegación a través das páxinas web da Consellería, pode resultar necesario que o Usuario permita a instalación das cookies enviadas polo servidor.