Preguntas máis frecuentes (FAQ)

 


1. Que é FPADISTANCIA?

FPADISTANCIA é a Plataforma de Teleformación de Galicia para a Formación Profesional. FPADISTANCIA é unha forma de educación xurdida co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. O seu fundamento é aproveitar a facilidade de distribución de materiais formativos e as ferramentas de comunicación das redes informáticas para crear un contorno de ensino e aprendizaxe. Deste xeito, e mediante unha conexión á rede Internet, os usuarios poden realizar actividades interactivas, acceder aos materiais precisos para adquirir o coñecemento, recibir axuda, realizar comunicacións ou avaliar o seu progreso.

Subir ao índice



2. Como podo solicitar a miña matrícula nos cursos de formación de FPADISTANCIA?

Proxectos de formación para o profesorado de formación profesional.

Existen proxectos de formación en centros sostidos con fondos públicos específicos para o profesorado de formación profesional, atendendo ás características deste colectivo, como modalidade fundamental de formación, que se desenvolve nos propios centros educativos para fomentar a súa autonomía organizativa e pedagóxica, e para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado.

  Páxina de Información dos ciclos formativos da formación profesional

Subir ao índice



3. Por que non poderei acceder?

Debe dispoñer dunha conta de usuario da consellería de educación no Dominio @edu.xunta.es para acceder a FPADISTANCIA. No caso de non dispoñer de unha e non saber como solicitala pode informarse a través da Unidade de Atención a Centros (UAC), por calquera dos seguintes procedementos:

  Procedementos de solicitude de conta de usuario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Se dispón dunha conta de correo no dominio @edu.xunta.es e aínda así non pode acceder, podería haber moitas razóns, pero a máis probable é que simplemente esquecera o seu contrasinal, estea intentando acceder cun contrasinal equivocado ou o estea escribindo incorrectamente.

Para realizar unha comprobación dos datos da súa conta, pode probar a entrar cos mesmos datos (conta @edu.xunta.es e contrasinal correspondente) noutros servizos da Consellería de Educación como o correo electrónico a través da dirección:

  Acceso á páxina do Correo electrónico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

No caso de non poder acceder tampouco aos demais servizos é que se trata dun problema da súa conta en deberá poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC), por calquera dos seguintes procedementos:

  Procedementos de contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC)

Algunhas outras posibilidades son:

Subir ao índice



4. Por que non podo acceder se estou seguro da conta e contrasinal e teño as cookies habilitadas?

  • Se o acceso é adecuado probablemente presentaralle unha páxina co seu curso en branco (baleiro). Se o acceso non é correcto pode comprobar:
  • Ten o teclado activadas as maiúsculas?
  • Intercalou espazos en branco, maiúsculas ou acentos en nome de usuario ou contrasinal? Probe sen eles.

Subir ao índice



5. Como podo atopar o curso X?

Se non está xa matriculado nun curso, pode atopalo por medio do seu nome e descrición. Se xa está matriculado apareceralle no seu bloque "Os meus cursos".

Subir ao índice



6. Como cambio os meus cursos?

Mediante o seu bloque "Os meus Cursos" se está dispoñible. Volva á páxina principal a través do enlace "Fpadistancia", no menú principal da esquina superior esquerda.

Subir ao índice



7. Como volvo á páxina principal do curso?

  • Utilice o botón de atrás, ou a lista de páxinas visitadas, do seu navegador, a través da frecha cara á esquerda, na barra de ferramentas do seu navegador na parte superior esquerda ou o botón da parte completamente inferior da páxina do curso.
  • Tamén pode volver á páxina principal a través do enlace "Fpadistancia", no menú principal da esquina superior esquerda.

Subir ao índice



8. Como migrar cursos moodle da versión 1.8.* e 1.9.* á 2.6 para traelos á nova Fpadistancia?

Restaurar un curso dunha versión anterior en Fpadistancia non é algo directo, para facelo recomendámoslle seguir paso a paso a Guía para migración de cursos á nova versión de Fpadistancia


9. Por que non podo acceder a Fpadistancia a través da app Moodle Mobile?

Dende dispositivos que teñen instalada a versión 5 de Android ao acceder a FPADISTANCIA dende Moodle Mobile aparece o seguinte erro: "Non se pode conectar. Precisa una versión de Moodle 2.4 ou superior".

Isto pasa porque Android 5 non inclúe o certificado oficial da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre "FNMT clase 2 CA" como certificado de confianza, e non o instala directamente polo que precisa dunha instalación manual.

Para realizar a instalación manual cómpre acceder á páxina https://www.sede.fnmt.gob.es/ dende o dispositivo móbil no que vaia a instalar a app e seguir os pasos para almacenar dito certificado nese dispositivo.

Subir ao índice



10. O meu nome ou apelidos aparecen de forma incorrecta, como podo corrixilos?

Na barra superior, na esquina dereita aparece o nome de usuario co que se identificou para entrar no sistema como enlace que leva á ventá de edición do seu perfil. Dende alí pode acceder á pestana "Editar información" e corrixilos ou modificalos. Estes datos persoais permiten identificar á persoa só dentro do contorno de FPADISTANCIA, polo que unha vez matriculado na plataforma, estes valores resultan independentes da súa conta de correo ou outros servizos da Consellería de Educación e O.U.

Subir ao índice



11. Como me poño en contacto co titor do curso?

Existen varias opcións de comunicación co seu titor:

  • A través dos foros existentes en cada curso, por exemplo, o foro do módulo ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas intervencións no foro ou posts.
  • A través do sistema de mensaxería interna da plataforma tamén coñecido como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede e o seu comunicante, xa sexa o titor ou calquera outro participante.
  • A través do correo electrónico, se o titor o permite, utilizando o seu programa de correo habitual ou o correo web da Consellería de Educación e O.U. na dirección: http://www.edu.xunta.es/correo co seu usuario @edu.xunta.es e contrasinal correspondente.

Subir ao índice



12. Por que non recibo ningún correo e outros compañeiros si?

Existen varias opcións:

  • Poida que a súa dirección de correo no seu perfil sexa errónea ou estea deshabilitada.
  • Tamén pode ser que non se subscribira aos foros que xeran correos.

Subir ao índice



13. Como podo deixar de recibir todos estes correos?

O correo electrónico é esencial para o funcionamento de FPADISTANCIA. Emprégase para manterte informado das novidades. Se queres reducir a cantidade de correos que recibes podes:

  • Editar o seu perfil e cambiar a súa configuración de correo electrónico para recibir só resumos, recibirá así un único correo diario.
  • Cancelar a súa subscripción aos foros non esenciais, aínda que debería ter en conta as recomendacións dos titores.
  • Inhabilitar a súa dirección de correo electrónico no seu perfil, aínda que non é recomendable xa que pode afectar ás comunicacións por parte do seu titor.

Subir ao índice



14. Por que non hai botón de "Enviar este arquivo", ou "Gardar"?

Pode ser que:

  • A tarefa estea pechada neste momento.
  • A tarefa non fora aberta aínda.
  • Xa gravaches algo antes e a configuración impida que repitas as tarefas.

Subir ao índice



15. Como podo ver os comentarios do profesor ás miñas tarefas recentes?

Existen varias formas de acceder a eses comentarios:

  • O método máis corrente consiste en ir ao mesmo sitio, Tarefa, no que enviaches o traballo.
  • Outro método consiste en pulsar no vínculo que se atopa no bloque "Actividades recentes", no caso de que o profesor inclúa ese bloque no seu curso.
  • Un método máis consistiría en acceder ao libro de avaliación e picar no vínculo correspondente á tarefa.
  • Dependendo de como se configurou a tarefa, podes recibir un correo electrónico se foi seleccionado cun vínculo directo ao os comentarios.

Subir ao índice