fprofe

Formación de profesorado

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Usuario/a: Sen identificar Entrar

  1. O programa non me deixa modificar as materias que imparto. Como teño que facer?
  2. Son profesor/a de audición e linguaxe. Qué poño nas "materias que imparte"?
  3. Son substituto/a e neste momento non estou traballando en ningún centro. Que materias teño que poñer neste apartado?
  4. A aplicación non me permite o acceso. Dime que non pertenzo aos colectivos autorizados. Como podo facer para inscribirme nas actividades de formación do profesorado?
  5. Son profesor/a nun centro privado concertado. Teño conta de correo electrónico @edu.xunta.es e podo acceder perfectamente ao correo, pero cando intento entrar na aplicación fprofe aparece unha mensaxe na que pon que teño acceso denegado. Como podo facer para solucionalo?
  6. Cando podo saber o horario dunha actividade?
  7. Como podo inscribirme nunha actividade na que xa rematou o prazo de inscrición se quedasen prazas libres?
  8. Son opositor/a, non traballei nunca, e desexo inscribirme en actividades de formación do profesorado. Como podo facer?
  9. Quixera que me explicasen como podo darme de baixa nunha actividade.
  10. Quero a anular a inscrición nun curso, da mesma maneira que anulei outras, pero o programa non mo permite.
  11. Como se confirma a asistencia a unha actividade?
  12. Comunícanme que estou seleccionado/a para un curso, pero non podo asistir. Onde debo comunicalo?
  13. Estou en lista de substitución. Podo inscribirme nas actividades, pero na ficha dos meus datos pon que non teño destino en ningún centro e non se pode modificar. Que pasos hai que seguir para que se modifique?
  14. Son docente nun centro privado concertado. Chamáronme para facer unha substitución pero non a fixen porque aleguei estar traballando. Desde ese momento figuro como que non teño destino, e por culpa deso non me admiten en actividades de formación do profesorado. Quixera solucionalo.
  15. Cando vou a inscribirme nunha actividade aparece "bloqueada". Que significa?
  16. Quixera saber cales son os criterios polos que se selecciona ao profesorado para participar nas actividades?
  17. Quería confirmar a asistencia a unha actividade, pero non me aparecen os "botóns" para facelo.
  18. Non recibín o diploma dunha actividade. Como podo conseguilo?
  19. Realicei unha actividade de formación profesorado, pero extraviei o diploma. Como podo conseguilo?
  20. Comunicáronme que mandan os diplomas aos centros, pero eu son substituto/a, cambio varias veces de centro ao longo do curso e hai períodos nos que non traballo. Onde o recibo?
  21. Que debo facer para inscribirme nun curso a distancia en Platega?
 

1. O programa non me deixa modificar as materias que imparto. Como teño que facer?

Na pantalla de inicio, á dereita do texto "MATERIAS QUE IMPARTE NESTE CURSO", faga clic sobre a palabra "Modificar". Aparecerá unha pantalla cun recadro no que se amosan as materias impartidas (no caso de que xa teña algunha cargada) e un botón á dereita co texto "Modificar". Faga clic sobre este botón e aparecerá unha pequena ventá coa relación de ensinanzas. Hai que ir despregando cada ensinanza  facendo clic sobre o signo “+” que se atopa á esquerda de cada unha, ata que aparezan as materias que imparte. Selecciónanse marcándoas no recadro que hai á dereita de cada materia. Unha vez rematada a selección, faga clic sobre o botón "Aceptar" que está ao final da relación.

Subir ao índice

2. Son profesor/a de audición e linguaxe. Qué poño nas "materias que imparte"?

Acceda á ventá de "MATERIAS QUE IMPARTE NESTE CURSO "e localice "Educación especial".  Despregue a listaxe premendo sobre o signo “+” que se atopa á esquerda. Despregue outra vez o novo item de "Educación especial" que aparece, e xa poderá marcar "Audición e linguaxe".

Subir ao índice

3. Son substituto/a e neste momento non estou traballando en ningún centro. Que materias teño que poñer neste apartado?

Pódense poñer as que se impartiron na última substitución, ou ben aquelas  que imparte habitualmente.

Subir ao índice

4. A aplicación non me permite o acceso. Dime que non pertenzo aos colectivos autorizados. Como podo facer para inscribirme nas actividades de formación do profesorado?

O profesorado autorizado a inscribirse en actividades de formación do profesorado é aquel que presta os seus servizos nos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en centros privados concertados.

Subir ao índice

5. Son profesor/a nun centro privado concertado. Teño conta de correo electrónico @edu.xunta.es e podo acceder perfectamente ao correo, pero cando intento entrar na aplicación fprofe aparece unha mensaxe na que pon que teño acceso denegado. Como podo facer para solucionalo?

Ademais da condición de posuír a conta de correo electrónico, é preciso que na súa ficha conste o centro no que traballa. Esta operación soamente a poden facer os asesores de formación, polo que debe acudir a un CFR para que lla cumprimenten, aportando un certificado asinado polo director do centro conforme está vostede traballando alí. A partir dese momento, xa terá acceso pleno á aplicación.

Subir ao índice

6. Cando podo saber o horario dunha actividade?

Cando o asesor ou asesora responsable dunha actividade fai a selección dos participantes nunha actividade, envía un correo electrónico no que figura o calendario e o horario.
Tamén pode consultar estes datos, unha vez realizada a inscrición, facendo clic sobre o título de actividade na páxina de inicio de fprofe.
Pódese consultar tamén na opción "Ver máis".
 

Subir ao índice

7. Como podo inscribirme nunha actividade na que xa rematou o prazo de inscrición se quedasen prazas libres?

Non é posible a inscrición nas actividades unha vez rematado o prazo de inscrición.

Subir ao índice

8. Son opositor/a, non traballei nunca, e desexo inscribirme en actividades de formación do profesorado. Como podo facer?

A inscrición en actividades de formación do profesorado soamente se permite a profesorado de centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria e de centros privados concertados.

Subir ao índice

9. Quixera que me explicasen como podo darme de baixa nunha actividade.

Hai que seguir o mesmo camiño que para inscribirse. É dicir: Menú Inscrición / inscribirse e seleccionar a actividade. No momento en que apareza a ficha resumo da actividade, pode verse, na parte dereita: “Inscrito” e “Anular Inscrición”. Debe facer clic sobre este último enlace.

Subir ao índice

10. Quero a anular a inscrición nun curso, da mesma maneira que anulei outras, pero o programa non mo permite.

A inscrición non pode anularse se xa rematou o período de inscrición ou se persoa foi seleccionada polo asesor ou asesora para participar na mesma.

Subir ao índice

11. Como se confirma a asistencia a unha actividade?

Cando unha persoa é seleccionada para participar nunha actividade de formación do profesorado, recibe un correo electrónico do asesor ou asesora pedíndolle que renuncie ou confirme a súa asistencia á actividade nun prazo de tempo determinado. Para iso, aparecen na súa páxina de inicio de fprofe, ao lado do nome da actividade, dous botóns: “confirmar” e “renuncia”. Deberá seleccionar a opción “confirmar”.

Estes botóns estarán dispoñibles só mestres estea aberto o prazo de confirmación. Fóra deste prazo non é posible xa confirmar a asistencia á actividade.

Subir ao índice

12. Comunícanme que estou seleccionado/a para un curso, pero non podo asistir. Onde debo comunicalo?

Cando unha persoa é seleccionada para participar nunha actividade de formación do profesorado, recibe un correo electrónico do asesor ou asesora pedíndolle que renuncie ou confirme a súa asistencia á actividade nun prazo de tempo determinado. Para iso, aparecen na súa páxina de inicio de fprofe, ao lado do nome da actividade, dous botóns: “confirmar” e “renuncia”. Deberá seleccionar a opción “renuncia”.

No caso de que xa confirmara a súa participación na actividade, debe enviar un correo electrónico ao asesor ou asesora indicando a súa renuncia.

Subir ao índice

13. Estou en lista de substitución. Podo inscribirme nas actividades, pero na ficha dos meus datos pon que non teño destino en ningún centro e non se pode modificar. Que pasos hai que seguir para que se modifique?

A súa ficha pon eso porque vostede foi chamado/a para facer unha substitución, e non se incorporou, alegando algunha situación  que o permitira seguir na listaxe.
A Consellería de Educación incluíuno/a na base de datos de profesorado, polo que vostede ten unha ficha de substituto/a. Non pode modificarse, a non ser que renuncie á súa condición de susbtituto/a.
 

Subir ao índice

14. Son docente nun centro privado concertado. Chamáronme para facer unha substitución pero non a fixen porque aleguei estar traballando. Desde ese momento figuro como que non teño destino, e por culpa deso non me admiten en actividades de formación do profesorado. Quixera solucionalo.

A Consellería de Educación incluíuno/a na base de datos de profesorado, polo que vostede ten unha ficha de substituto/a. Non pode modificarse, a non ser que renuncie a súa condición de susbtituto/a. Esta situación permítelle a inscrición en actividades de formación do profesorado.

Subir ao índice

15. Cando vou a inscribirme nunha actividade aparece "bloqueada". Que significa?

As actividades poden aparecer como bloquedas cando xa remataron e finalizaron os trámites que leva aparellado o seu expediente. Por outra banda, poden ser anuladas ou bloqueadas polos CFR, excepcionalmente, por diferentes motivos. En ningún destes casos é posible a inscrición.

Subir ao índice

16. Quixera saber cales son os criterios polos que se selecciona ao profesorado para participar nas actividades?

Criterios de admisión nas actividades de formación

  • Pertencer ao ámbito do Centro de Formación e Recursos ou demarcación específica sinalada na convocatoria.
  • Estar impartindo a etapa, a materia, a área ou o ciclo aos que vai destinada a actividade de formación.
  • Ser persoa funcionaria de carreira, funcionaria en prácticas, persoal interino, persoal laboral ou contratado.
  • Distribución proporcional entre o profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, no caso de actividades destinadas a todos os niveis.
  • Proximidade do centro de traballo á localidade de celebración, no caso de actividades que se repitan en diferentes comarcas.
  • Non participar ou ter admisión noutra actividade, presencial ou de teleformación na Plataforma de Teleformación de Galicia. PLATEGA, que coincida, na súa totalidade ou en parte coa actividade solicitada.
  • Non ter participado na mesma actividade en anos anteriores.
  • Non poderá participar en actividades de formación permanente o persoal docente en situación de baixa ou de incapacidade laboral transitoria.
  • Aqueloutros criterios específicos sinalados na convocatoria da actividade.

O profesorado seleccionado para a actividade recibirá un correo electrónico na súa conta corporativa (_@edu.xunta.es) e necesariamente deberá confirmar, dentro do prazo indicado, a súa participación ou renuncia na mesma a través do sistema de xestión da formación do profesorado (www.edu.xunta.es/fprofe).

Subir ao índice

17. Quería confirmar a asistencia a unha actividade, pero non me aparecen os "botóns" para facelo.

Cando unha persoa é seleccionada para participar nunha actividade de formación do profesorado, aparecen na súa páxina de inicio de fprofe, ao lado do nome da actividade dous botóns: “confirmar” e “renuncia”. Permanecen visibles ata o límite de confirmacion.

Subir ao índice

18. Non recibín o diploma dunha actividade. Como podo conseguilo?

Convén deixar pasar un tempo despois de rematada a actividade, por se houbese algún retraso nos trámites (máximo dous meses). Se seguise sen recibilo, debe facer por escrito unha solicitude de emisión dun duplicado . No caso de actividades centralizadas, a solicitude debe ir dirixida ao Xefe de Servizo de Formación do Profesorado (Consellería de Educación, San Caetano, 15781 Santiago de Compostela) e no caso de actividades desenvolvidas polos CFR, ao director ou directora do CFR correspondente. Na solicitude deben constar os seus datos persoais, o título da actividade, lugar e datas de celebración e código da mesma (se se coñece). Recibirá o duplicado no seu centro de destino.

Subir ao índice

19. Realicei unha actividade de formación profesorado, pero extraviei o diploma. Como podo conseguilo?

Debe facer por escrito unha solicitude de emisión dun duplicado. No caso de actividades centralizadas, a solicitude debe ir dirixida ao Xefe de Servizo de Formación do Profesorado (Consellería de Educación, San Caetano, 15781 Santiago de Compostela) e no caso de actividades desenvolvidas polos CFR, ao director ou directora do CFR correspondente. Na solicitude deben constar os seus datos persoais, o título da actividade, lugar e datas de celebración e código da mesma (se se coñece). Recibirá o duplicado no seu centro de destino.

Subir ao índice

20. Comunicáronme que mandan os diplomas aos centros, pero eu son substituto/a, cambio varias veces de centro ao longo do curso e hai períodos nos que non traballo. Onde o recibo?

Os diplomas envíanse ao centro no que se atopa a persoa no momento en que se emite (aproximadamente entre unha e tres semanas posteriores á finalización da actividade). Se a persoa non ten destino, o diploma diríxese ao seu domicilio.

Subir ao índice

21. Que debo facer para inscribirme nun curso a distancia en Platega?

A matrícula nos cursos a distancia da plataforma de teleformación Platega faise do mesmo xeito ca nos cursos presenciais. Debe acceder co seu nome e contrasinal de edu.xunta.es na aplicación www.edu.xunta.es/fprofe, e no menu da esquerda facer clic en Inscrición-Inscribirse. As actividades a distancia pódeas atopar facendo clic en "Busca avanzada" e buscando por "Modalidade"- "Distancia".

Subir ao índice


Inicio | Accesibilidade | Aviso | Privacidade | Contacto