Descrición da actividade


Título

Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel B2

Competencias profesionais

Comunicador/a en linguas maternas e estranxeiras - Destrezas comunicativas verbais e non verbais: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.

Forma de participación

Presencial

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: F1201018
Centro de formación e recursos: Ferrol
Temporalización:  01/10/2012  -  31/05/2013
Data límite de inscrición: 28/09/2012
Lugar: Ferrol
Prazas:  20
Observacións prazas: 
As persoas seleccionadas deberán acreditar que posúen o nivel B1 de inglés

Horas totais

Horas presenciais: 120
Horas non presenciais: 0
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
597 - Mestres

Temas e subtemas

Plan anual - 2010-2011
Plan anual - 2016-2017
Plan anual - 2017-2018
Plan anual - 2018-2019

Criterios de selección

Profesorado de centros plurilingües, profesorado de seccións bilingües, profesorado de centros con seccións bilingües, profesorado que desexe acreditarse para impartir clases en centros plurilingües ou en seccións bilingües

Obxectivos

1.Comprender textos orais e escritos extensos, ben organizados e lingüisticamente complexos en lingua estándar, sobre temas de ámbito específico e facendo uso de estratexias comunicativas.

2.Producir con corrección textos orais e escritos de extensión variada, ben estruturados e con precisión e fluidez sobre unha ampla serie de temas e adecuados ao contexto.

3.Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións, aspectos socioculturais e léxico.

Contidos

1.Expresións de certa complexidade lingüística, en lingua estándar, nunha variedade de rexistros e que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas variadas e frecuentes, así como riqueza léxica.

2.Intercambio de información en conversas con fluidez, eficacia e espontaneidade, en diferentes ámbitos de interacción social, destacando as ideas principais e defendendo opinións e puntos de vista con claridade.

3. Contidos (léxicos, discursivos, funcionais e situacionais) que reflicten os ámbitos e situacións comunicativas propias do contexto das áreas obxecto de estudo.

4. Priorización das tarefas vinculadas co eido educativo.

5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.

6. Utilización das TIC.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Sánchez Cortizas, María Gabriela

Enderezo Electrónico:  cfr.ferrol.linguasestranxeiras@edu.xunta.gal