Descrición da actividade


Título

Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Forma de participación

Mixta

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: L1201015
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización:  07/02/2013  -  14/06/2013
Data límite de inscrición: 07/02/2013
Lugar: CFR de Lugo
Prazas:  20

Horas totais

Horas presenciais: 30
Horas non presenciais: 20  (En rede)
 

Destinatarios

  • Bacharelato
  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Temas e subtemas

Plan anual - 2012-2013

Criterios de selección

1. Daráselle preferencia ao profesorado do ámbito lingüístico e social. 2. Daráselle preferencia ao profesorado pertencente a un mesmo centro educativo. 3. Criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos

1.Capacitar ao profesorado para planificar e desenvolver actividades de aula nas que se empregue o traballo por proxectos e propostas metodolóxicas colaborativas.

2.Empregar os recursos educativos da contorna próxima.

3.Analizar, integrar, crear e valorar materiais TIC no ensino-aprendizaxe do patrimonio.

Contidos

1.Traballo por proxectos no ámbito social. Proceso e instrumentos de planificación. Deseño de proxectos para a aula. Experimentación e avaliación.

2.Didáctica do patrimonio e contornas de aprendizaxe colaborativa, locais e en rede. As TIC como instrumento de traballo na aula aplicado ao traballo por proxectos (portfolios dixitais, aulas virtuais, blogues, wikis, etc.).

3.Recursos multimedia no tratamento de contidos sociais. O emprego de tecnoloxías móbiles e dixitais.

4.Presentación de diferentes modelos e experiencias prácticas da didáctica do patrimonio segundo a metodoloxía por proxectos.

5.Establecer criterios para elaborar un plan de experimentación e avaliación dunha proposta de actividade de aula en relación co traballo por proxectos.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Arias López, Marta

Enderezo Electrónico:  marta@edu.xunta.gal