Descrición da actividade


Título

Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas

Forma de participación

Mixta

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: C1301037
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  13/01/2014  -  10/02/2014
Data límite de inscrición: 12/12/2013
Lugar: Aula de informática I, CFR da Coruña, R/ Pepín Rivero 3, 3º andar
Prazas:  20

Horas totais

Horas presenciais: 12
Horas non presenciais: 8  (En rede)
 

Destinatarios

  • Bacharelato
  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

590006 - Profesores de ensino secundario. Matemáticas

Temas e subtemas

Plan anual - 2013-2014

Criterios de selección

Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos

1.Mostrarlle ao profesorado recursos didácticos que poden utilizar nas clases de estatística.

2.Formular problemas estatísticos con datos reais sobre a contorna próxima e a realidade inmediata dos estudantes.

Contidos

1.Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística.

   1.1.O currículo de estadística na ESO e no Bacharelato e as ferramentas dispoñibles no portal para traballar na clase.

   1.2.Representacións gráficas, actividades, tests, quebracabezas.

   1.3.Uso didáctico da folla de cálculo.

2.Fase non presencial:

   2.1.Desenvolvemento de novas unidades didácticas de estatística co material proporcionado na fase presencial.

   2.2.Elaboración de exercicios para o seu uso na clase empregando datos estátísticos reais.

   2.3.Elaboración de test que sirvan como mecanismo de autoavaliación.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Miguélez Pose, Isabel María

Enderezo Electrónico:  isamiguelez@edu.xunta.es