Descrición da actividade


Título

VI Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Competencias profesionais

Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe.

Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.

Forma de participación

Presencial

Modalidade

Xornadas

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1502012
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  20/11/2015  -  21/11/2015
Data límite de inscrición: 09/11/2015
Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Prazas:  1000

Horas totais

Horas presenciais: 12
Horas non presenciais: 0
 

Destinatarios

Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Criterios de selección

Ter responsabilidade ou colaborar na xestión e dinamización da biblioteca escolar do seu centro. Ter centro asignado.Funcionario. Antigüidade.

Obxectivos

1.Ofrecer un espazo para a reflexión conxunta sobre a biblioteca escolar como recurso educativo na sociedade da información e como factor de calidade do ensino. Coñecer as tendencias e os últimos estudos en materia de bibliotecas e de lectura

2.Difundir as posibilidades da actual biblioteca escolar para a capacitación do alumnado nas competencias básicas contempladas no currículo, especialmente na competencia en comunicación lingüística e na competencia de aprender a aprender.

3.Propiciar o intercambio de experiencias e a colaboración entre o profesorado que dinamiza bibliotecas escolares e traballa a prol do fomento da lectura.

Contidos

1.Bibliotecas escolares: situación actual e perspectivas. Multialfabetismos.

2.Programas das Administracións educativas para o reforzo das bibliotecas escolares e da formación lectora do alumnado.

3.Estudos e propostas en relación coa biblioteca escolar e a educación da competencia lingüística e outras competencias básicas. Bibliotecas escolares e integración natural das TIC no uso, tratamento e creación de información.

4.Cultura dixital. lectura, escritura, investigación e traballo colaborativo na Rede. Experiencias de calidade no aproveitamento dos recursos da biblioteca para o tratamento dos contidos curriculares e a adquisición das competencias básicas.

5.Fomento da lectura no contexto educativo. Estratexias que dan resultado. Implicación das comunidades educativas na construción da sociedade lectora.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Mazaira Garro, Leonor Beatriz

Enderezo Electrónico:  cafi.be@edu.xunta.gal