Descrición da actividade


Título

Museos e itinerarios histórico-artísticos. Ensinar e aprender noutros contextos

Competencias profesionais

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.

Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.

Forma de participación

Presencial

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: S1901059
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  09/10/2019  -  20/11/2019
Data límite de inscrición: 23/09/2019
Lugar: CAFI - Santiago de Compostela
Prazas:  26

Horas totais

Horas presenciais: 20
Horas non presenciais: 0
 

Destinatarios

  • Bacharelato
  • Educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria
  • Educación secundaria para persoas adultas
  • Ensinanzas Profesionais de Artes plásticas e deseño

Corpos e especialidades

511005 - Catedráticos de ensino secundario. Xeografía e historia

511009 - Catedráticos de ensino secundario. Debuxo

590005 - Profesores de ensino secundario. Xeografía e historia

590009 - Profesores de ensino secundario. Debuxo

595516 - Profesores de artes plásticas e deseño. Historia da arte

595908 - Profesores de artes plásticas e deseño. Procedementos e técnicas artísticas

597021 - Mestres. Ciencias sociais, xeografía e historia

597038 - Mestres. Primaria

597035 - Mestres. Música

Temas e subtemas

Plan anual - 2015-2016
Plan anual - 2016-2017
Plan anual - 2017-2018
Plan anual - 2018-2019
Plan anual - 2019-2020

Criterios de selección

Obxectivos

1.Achegar ao profesorado as posibilidades e recursos didácticos existentes nos diferentes museos, así como os do patrimonio histórico-artístico do contorno próximo.

2.Desenvolver competencias profesionais cara á selección, utilización e elaboración de actividades didácticas empregando os recursos ofertados por museos e o patrimonio histórico-artístico.

3.Coñecer diferentes propostas metodolóxicas en relación co aproveitamento didáctico dos museos e itinerarios histórico-artísticos, así como coa súa integración nas programacións das diferentes áreas de coñecemento do currículo escolar.

Contidos

1.Presentación monográfica dos recursos didácticos dos diferentes museos e do patrimonio histórico-artístico do contorno próximo. Características e peculiaridades.

2.A multidisciplinariedade nas visitas museísticas e nos itinerarios histórico-artísticos.

3.Orientacións para a elaboración de guías didácticas de aproveitamento dos museos e da riqueza patrimonial da contorna.

4.Bases para a planificación dunha visita didáctica: contexto curricular, obxectivos, contidos, estandares de aprendizaxe, desenvolvemento de competencias e avaliación.



Prerrequisitos


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Rodríguez Pérez, Juan Carlos

Enderezo Electrónico:  xcarlosro@edu.xunta.gal