Descrición da actividade


Título

Mocidade desmontando o patriarcado. Metodoloxía para o empoderamento xuvenil na prevención de violencias machistas. Plan Proxecta

Competencias profesionais

Interlocutor/a e referente na comunidade educativa - Xestión e promoción de valores e convivencia, compromiso persoal e ético.

Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Xestión dos espazos, recursos e materiais de aprendizaxe.

Forma de participación

Presencial

Modalidade

Curso

CFR, lugar, temporalización e prazas

Referencia: G1901075
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  28/01/2020  -  13/03/2020
Data límite de inscrición: 27/01/2020
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas:  20
Observacións prazas: 
Prioridade o profesorado participante no Plan Proxecta

Horas totais

Horas presenciais: 16
Horas non presenciais: 4
 

Destinatarios

  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

Todos os corpos

Criterios de selección

Obxectivos

1.Analizar e cuestionar o modelo social actual (patriarcado) desvelando as opresións que xera cara as mulleres e identidades non normativas

2.Motivar o profesorado para desenvolver ferramentas que incidan nas posibilidades de transformación social

3.Capacitar para desenvolver propostas educativas para o fomento do benestar subxectivo como equidade entre mulleres e homes

Observacións

Esta actividade desenvolverase no CAFI os días 28/01/20 e 4-11-18/02/2020 en horario de 17:00 a 21:00 h na aula 11. Terá unha parte non presencial de 4 horas.

Contidos

1.As violencias machistas, un problemas histórico de orde mundial.

2.De que falamos cando falamos de...? Algúns conceptos aclaratorios.

3.Imos á raíz, causas das violencias machistas.

4.Identificar as violencias machistas.

5.Desmontar os discursos do poder hexemónico

6.A mocidade como axente de cambio.

7.Deseño e implementación de estratexias colectivas de participación por un mundo libre de violencias machistas.



Prerrequisitos

Priorízase aquel profesorado pertencente a centros que formen parte do Plan Proxecta proposto por InteRed. Preferiblemente que exerzan como titores/as e equipos de orientación educativa, especialmete a/o orientadora/or


Asesor responsable da actividade

Asesor:  Rodríguez Pérez, Juan Carlos

Enderezo Electrónico:  xcarlosro@edu.xunta.gal