Inicio

 Este servizo web permite xerar solicitudes de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados nas ensinazas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

AVISOS

  • Pode consultar todas as súas habilitacións na pestaña CONSULTAS-AS MIÑAS HABILITACIÓNS na aplicación informática de habilitacións.

  • RESOLUCIÓNS PUBLICADAS:

(30/09/2020) Publicada na web a resolución da convocatoria de marzo e de xuño de 2020 (logo da publicación da resolución da convocatoria na páxina web, enviaranse as resolucións aos correos electrónicos das persoas solicitantes)

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: a aplicación informática para a solicitude de habilitación estará dispoñible do día 10 de xaneiro ao 1 de febreiro de de 2021, ambos incluídos.

  • De acordo co artigo 12.1 da Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 161, do 12 de agosto, as solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/habilitacions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

INFORMACIÓN XERAL DO PROCEDEMENTO DE HABILITACIÓN

Acceda ás preguntas máis frecuentes e á normativa de habilitacións na ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/habilitacions (última actualización 24/10/2019)

 

COMO ACCEDER AO SISTEMA?

PERSOAS CON CONTA DE CORREO DA CONSELLERÍA

As persoas que teñen unha conta de correo electrónico do tipo @edu.xunta.gal, deberán acceder pulsando o botón entrar. Despois de autenticarse, deberá acceder a través do menú acceso solicitantes.

 

PERSOAS QUE NON TEÑEN CONTA DE CORREO DA CONSELLERÍA

As persoas que non teña unha conta de correo electrónico do tipo @edu.xunta.gal , deberá acceder a través do menú acceso solicitantes. Se é a primeira vez que accede á aplicación, poderá iniciar unha solicitude introducindo soamente o seu DNI/NIE para darse de alta na aplicación. No caso de ter algunha solicitude iniciada, deberá acceder co seu DNI/NIE e o código da solicitude.Tamén poderá acceder con Chave 365 ou certificado dixital sempre que xa rexistrase con anterioridade o seu correo electrónico desde o menú Acceso solicitantes.

QUE DOCUMENTACIÓN SE DEBE PRESENTAR?

As persoas interesadas deberán presentar a documentación que se establece no artigo 12.2.1 da Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B).

Non será necesario achegar de novo a documentación no caso daquelas persoas que a presenten en calquera convocatoria a partir da convocatoria de habilitacións de xaneiro de 2021.

Non será necesario que a persoa solicitante achegue ante a mesma xefatura territorial a documentación que xa presentou con anterioridade á entrada en vigor desta orde.

Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

CALES SON OS PRAZOS PARA SOLICITAR A HABILITACIÓN?

Os prazos ordinarios de habilitación son os seguintes:

a) Do 10 de xaneiro ao 31 de xaneiro, ambos incluídos

b) Do 15 de marzo ao 31 de marzo, ambos incluídos.

c) Do 1 de xuño ao 30 de xuño, ambos incluídos.

d) Do 1 de setembro ao 15 de setembro, ambos incluídos

 

Teléfonos de contacto:

Xefatura territorial de A Coruña: 981 18 47 10

Xefatura territorial de Lugo: 982 29 41 90; 982 29 41 70

Xefatura territorial de Ourense: 988 38 66 54

Xefatura territorial de Pontevedra: 986 80 59 09