Inicio

Este servizo web permite xerar solicitudes de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados nas ensinazas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

AVISOS
 
  • Pode consultar todas as súas habilitacións na pestaña CONSULTAS-AS MIÑAS HABILITACIÓNS na aplicación informática de habilitacións.
  •  RESOLUCIÓNS PUBLICADAS:

 (18/06/2020) Publicada na web a resolución da convocatoria de xaneiro de 2020 (logo da publicación da resolución da convocatoria na páxina web, enviaranse as resolucións aos correos electrónicos das persoas solicitantes)

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: a aplicación informática para a solicitude de habilitación estará dispoñible do día 1 ao 15 de setembro de 2020,  ambos incluídos.
  • De acordo coa disposición transitoria única da Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 161, do 12 de agosto, os artigos 12.1, 14 e 15 da presente orde entrarán en vigor coas solicitudes que se formulen desde a convocatoria de habilitacións para o exercicio da docencia en centros privados de xaneiro de 2021. Xa que logo, o primeiro prazo de presentación de solicitudes do procedemento código ED302B na sede será desde o día 10 de xaneiro de 2021 ata o 1 de febreiro de 2021.
  • As solicitudes formuladas na convocatoria de setembro de 2020 poderán presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas e, polo tanto, poderán presentarse en calquera rexistro administrativo de xeito presencial ou ben mediante o modelo normalizado PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia de acordo coas instrucións que se relacionan a seguir:

PRESENTACIÓN EN SEDE ELECTRÓNICA DA SOLICITUDE DE HABILITACIÓNS:

Para o caso de que opte por realizar a a presentación electrónica da solicitude debe:

1. Unha vez cuberta a solicitude de habilitación na páxina web www.edu.xunta.es/habilitacions, acceder á sede electrónica na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada

2. Premer no botón A miña sede e identificarse con Chave 365 ou certificado dixital

3. No menú trámites, escoller solicitude xenérica

4. Cubrir a solicitude (importante: escoller como destinatario da solicitude a xefatura territorial da consellería de educación que figura no pé da solicitude de habilitación) e, unha vez finalizado, premer o botón continuar.

5. Anexar o arquivo pdf de solicitude de habilitación cuberto anteriormente no enderezo web de habilitacions e a documentación que desexe achegar e premer o botón continuar

6. Finalmente asinar a solicitude co código pin que se lle envía o seu teléfono móbil e finalizar a presentación. Ao finalizar a presentación pode obter o recibo de presentación.

 

INFORMACIÓN XERAL DO PROCEDEMENTO DE HABILITACIÓN

 

Acceda ás preguntas máis frecuentes e á normativa de habilitacións na ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/habilitacions (última actualización 24/10/2019)
 

COMO ACCEDER AO SISTEMA?

PERSOAS CON CONTA DE CORREO DA CONSELLERÍA  
As persoas que teñen unha conta de correo electrónico do tipo @edu.xunta.gal, deberán acceder pulsando o botón entrar. Despois de autenticarse, deberá acceder a través do menú acceso solicitantes
 
PERSOAS QUE NON TEÑEN CONTA DE CORREO DA CONSELLERÍA
As persoas que non teña unha conta de correo electrónico do tipo @edu.xunta.gal , deberá acceder a través do menú acceso solicitantes. Se é a primeira vez que accede á aplicación, poderá iniciar unha solicitude introducindo soamente o seu DNI/NIE para darse de alta na aplicación. No caso de ter algunha solicitude iniciada, deberá acceder co seu DNI/NIE e o código da solicitude.Tamén poderá acceder con Chave 365 ou certificado dixital sempre que xa rexistrase con anterioridade o seu correo electrónico desde o menú Acceso solicitantes.

QUE DOCUMENTACIÓN SE DEBE PRESENTAR?

A solicitude de habilitación así como as copias da/s titulación/s, expediente/s académico/s, acreditación do coñecemento da lingua galega e mais da formación pedagóxica e didáctica, no seu caso.
 
Aquelas persoas que xa solicitaron en convocatorias anteriores e xa acreditaron a documentación necesaria para ser habilitadas: Celga 4, formación pedagóxica e didáctica e a certificación académica, non terán que presentala de novo.
 
Só se poderá presentar unha solicitude do mesmo tipo por convocatoria . No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, a xefatura territorial correspondente unicamente tramitará a última solicitude presentada.

CALES SON OS PRAZOS PARA SOLICITAR A HABILITACIÓN?

Os prazos ordinarios de habilitación son os seguintes:
 
a) Do 10 de xaneiro ao 31 de xaneiro, ambos incluídos
b) Do 15 de marzo ao 31 de marzo, ambos incluídos.
c) Do 1 de xuño ao 30 de xuño, ambos incluídos.
d) Do 1 de setembro ao 15 de setembro, ambos incluídos
 

Teléfonos de contacto:

Xefatura territorial de A Coruña: 981 18 47 10

Xefatura territorial de Lugo: 982 29 41 90; 982 29 41 70

Xefatura territorial de Ourense: 988 38 66 54

Xefatura territorial de Pontevedra: 986 80 59 09