Campamento do concello de Toques no Mupega.
Este venres viñeron a coñecer a nosa exposición temporal "Homo sapiens: transmisor de coñecemento", os rapaces e rapazas asistentes ao campamento de verán do concello de Toques.
Os asistentes percorreron a exposición con moita atención descubrindo pezas interesantes e descoñecidas que agochan os institutos máis antigos da nosa comunidade.
Ao rematar a visita realizamos un xogo de pistas por parellas ao longo da exposición.
Grazas por visitarnos.