No Museo Pedagóxico de Galicia organízanse periodicamente actividades dirixidas a nenos/as ou familias. O obxectivo das mesmas é aproximar o museo á cidadanía e, en particular, ao público máis novo.

As actividades son de diverso tipo: obradoiros, contacontos, espectáculos, xogos..., e abranguen diferentes temáticas, dende as propias do museo ata aquelas que están vencelladas a datas sinaladas.

Publicítanse na páxina web, facebook, twitter e na entrada do museo. Ademais, envíase correo electrónico coa información correspondente a quen estea interesado e dea autorización cubrindo un formulario na entrada do museo.

Próxima actividade