Visita do C.E.I.P de Pazos Comoxo de Boiro

As alumnas do CEIP Pazos Comoxo de Boiro realizaron unha visita ao museo para coñecer como era a escola dos seus avós/bisavós.

Onte no museo, recibimos a visita de todas as alumnas do CEIP Pazos Comoxo de Boiro. Eran pouquiñas pero unhas nenas moi participativas e con moitas ganas de aprender. Mesmo se atreveron a escribir coa pizarra e o pizarrillo e iso que algunha aínda non cumprira os tres aniños. Foi unha visita do máis divertida así que esperamos voltar a vervos polo museo novamente.