Alumnos/as do CIFP Ánxel Casal visitan o Mupega.
Alumnos/as do CIFP Ánxel Casal visitan o Mupega.

O alumnado do ciclo de Educación Infantil do CIFP Ánxel Casal realizou hoxe unha visita ao Mupega.

Esta mañá recibimos a visita dun grupo de estudantes do ciclo de Educación Infantil do CIFP Ánxel Casal.  Os alumnos/as realizaron unha visita guiada na que coñeceron as nosas aulas históricas, o mundo infantil e os xoguetes e diversas pezas de material educativo. Tamén volveron a ser nenos/as por un intre na nosa aula obradoiro. Agardamos vervos novamente!