Nova Peza Destacada "O futbolín"

Na entrada do museo contamos coa exposición dun "futbolín" como nova peza destacada.

Na planta baixa do museo  ocupando un lugar sinalado na entrada do mesmo,  poderemos ver estes días un modelo do coñecido xogo denominado popularmente como o futbolín.

Xunto coa peza, elaborada en Portugal na segunda metade do s.XX, poderemos ver unha presentación sobre a  historia da mesma e do seu inventor, o galego Alexandre Fisterra.

Coa exposición do futbolín como peza destacada pretendemos lembrar a este galego, que tamén foi editor e poeta, no centenario do seu nacemento.  

Se queredes coñecer máis sobre esta peza non dubidedes visitarnos.