Estudantes de 4º de Grao en Mestre de Educación Infantil.

O alumnado de 4º curso do Grao en Mestre de Educación Infantil veu coñecer o Mupega na tarde de onte.

No percorrido polo museo, os estudantes tiveron ocasión de ampliar os seus coñecementos en historia da educación en Galicia, ademais de profundar na sección de xoguete tradicinal. Esto último tiña especial interese para eles por vir acompañados da profesora da materia Xogo Infantil.

Agardamos que volten ao museo co seu alumnado sendo xa mestres e mestras.