Visitas grupais

O Museo Pedagóxico de Galicia, MUPEGA, ofrece visitas gratuítas a grupos (PREVIA CITA) a partir de grupos de mínimo dez persoas, tanto á exposición permanente como á temporal.

Este servizo ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio educativo dos galegos e as galegas achegándoo ás persoas que nos visitan, así como coñecer a historia do ensino en Galicia dende o século XIX.

As circunstancias actuais derivadas da pandemia pola Covid-19  fan que sexa necesario que calquera visita grupal de non conviventes  se realice con reserva previa ao museo, que valorará a idoneidade da mesma en función dos protocolos sanitarios e dispoñibilidade, garantindo así a seguridade dos usuarios en todo momento.

Para aclarar calquera dúbida ao respecto da visita ou consultar datas e horarios dispoñibles, pode chamar a calquera dos números 981 54 01 55, 981 54 01 50, ou enviar correo electrónico a museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal no que informaremos sobre as propostas dispoñibles que o museo poida ofrecer en función das características dos grupos.

Para confirmar a visita será necesario cubrir o formulario de visitas.

 

Centros educativos, asociacións, centros de maiores, centros socioculturais, concellos, etc.

 

Outro tipo de grupos:


O envío da solicitude non garante a realización da visita guiada. O solicitante recibirá resposta por correo electrónico.

Material para docentes: Coñece o Mupega.