CONXUNTO DE PEZAS DE ANATOMÍA

Conxunto de pezas de anatomía

1. Modelo clástico de Corazón.

2. Modelo anatómico: Cerebro

3. Modelo anatómico: Ril

Este conxunto de pezas da segunda metade do s.XX proceden do IES Virxe do Mar (Noia - A Coruña). Adoitaban realizarse en madeira, cartón ou escaiola. Estes modelos denominados "clásticos" con pezas desmontables e articuladas facilitaban o estudo dos sistemas e órganos internos nos antigos Gabinetes de Historia Natural e nos centros educativos.