nerta

Xestión do acceso ao Sistema Universitario de Galicia

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Usuario/a: Sen identificar Entrar

Política de privacidade


A política de privacidade da Xunta de Galicia basease en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder xestionar e proporcionarlle ás persoas usuarias desta páxina os servizos que ten dispoñibles. 

Informámoslle que o tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través de calquera apartado desta páxina web estará suxeito ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e ao resto da normativa de aplicación. Aqueles datos que se recollan serán tratados e almacenados co consentimento da persoa titular, quen ten dereito a coñecer quen trata os seus datos, para que os usa e se se utilizan unicamente para o fin para o cal foron requiridos, ou se se ceden a terceiras persoas, para poder decidir libremente, a excepción dos supostos previstos legalmente, se consinte ou non o tratamento dos seus datos, así como para poder exercitar os dereitos que lle recoñece a normativa vixente.

En todo caso, de conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria informa que os datos persoais facilitados pola cidadanía a través dos diferentes formularios ou solicitudes existentes nesta páxina serán tratados conforme as cláusulas informativas que figuran ao seu pé.

No suposto de listaxes referentes aos diversos procesos selectivos ou a procedementos   administrativos  de concorrencia competitiva (subvencións, acceso a prazas en centros  educativos  públicos, concursos de traslados, listas contratación temporais, etc) que se xestionan nesta Consellería, a súa publicación estará baseada no principio de publicidade e regularase pola normativa na que se desenvolva o proceso selectivo que se trate.

Non obstante, con carácter supletorio, no caso de formularios ou solicitudes que carezan de cláusulas, será aplicable a presente Política de Privacidade. Os datos que se recollan incorporaranse aos ficheiros titularidade da Secretaría Xeral Técnica desta Consellería, a que se poderán dirixir por escrito, acompañando copia do DNI, para exercitar calquera dos dereitos que lle recoñece a normativa vixente en materia de protección de datos.

Na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos poden consultar os ficheiros de datos de carácter persoal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resérvase a facultade de modificar a presente política de privacidade, de aplicación exclusiva a esta páxina web.

 

 


Inicio | Accesibilidade | Aviso | Privacidade | Contacto