nerta

Xestión do acceso ao Sistema Universitario de Galicia

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Usuario/a: Sen identificar Entrar

Solicitar conta

Para os alumnos que participen nas probas de acceso á universidade PAU e fagan a matrícula a través do centro de estudos, a solicitude de conta de usuario crearase automaticamente no momento de facer a matrícula no centro.

Unha vez feita a solicitude de conta, enviaráselle un correo electrónico coas instrucións necesarias para completar a alta da conta e activala.


Os alumnos que poden solicitar conta de usuario para acceder a nerta son os alumnos que participaron en procedementos xestionados pola aplicación nerta (probas de acceso á universidade ou preinscrición ó Sistema Universitario de Galicia). Os alumnos que se matriculen por primeira vez nalgunha das probas de acceso á universidade este ano, no momento da matrícula crearáselle automáticamente unha solicitude de conta de usuario.

Os alumnos que soliciten unha conta de usuario de acceso a NERTA, deberán de ter unha conta de correo electrónico válida nos seus datos persoais, de non ser así, o alumno deberá poñerse en contacto co LERD correspondente para que se completen os datos adecuadamente.


Para calquera aclaración ou dúbida referente ao proceso de solicitude de conta, pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros chamando ao número 881 997701, ou por correo electrónico no enderezo uac@edu.xunta.es, se a dúbida é referente a NERTA pódese poñer en contacto co LERD correspondente  ou coa CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia).

 

Solicitude de conta
 

Inicio | Accesibilidade | Aviso | Privacidade | Contacto