oposicions

Xestión de oposicións e tribunais

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Usuario/a: Sen identificar Entrar

Inicio


 
 

06/06/2018: Publicación dos listados provisionais de persoas admitidas e excluidas no procedemento de acceso a Cátedras

Fanse públicos os listados provisionais de persoas admitidas e excluidas no procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

Persoas admitidas

Persoas excluidas

As persoas interesadas poderán formular as reclamacións que coiden oportunas no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación dos listados no enderezo www.edu.xunta.es/oposicions.

Subir ao índice

25/05/2018: Reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído

O día 22/05/2018 publicáronse no portal de Internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (na ligazón http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25050) as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo).

De acordo co que establece a base 6.2 da convocatoria, contra a lista provisoria, o persoal interesado poderá formular por medios electrónicos e dirixido á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as reclamacións que coide oportunas, no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no enderezo electrónico www.edu.xunta.gal. Polo tanto, o prazo para formular reclamacións ás citadas listas é o comprendido entre o 23/05/2018 e o 29/05/2018, ambos incluídos.

NOTA IMPORTANTE: debido a que os servizos da sede electrónica non estarán dispoñibles ao longo de case todo o día 26 de maio, amplíase o prazo para formular reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído, de xeito que o prazo rematará o 30/05/2018. 

Para formular unha reclamación deberá entrar na sede electrónica https://sede.xunta.gal co seu certificado dixital, DNI electrónico ou chave365, a través da icona “a miña sede” e no apartado de “últimos expedientes e presentacións”, na solicitude do procedemento ED001A, elixir en “acción” a opción de formular alegacións e seguir os pasos que lle indica a aplicación para formular a reclamación e achegar escanada a documentación acreditativa que vostede considere pertinente. Ao encher o modelo de alegacións, no apartado "expediente", debe indicar "oposicóns primaria" ou "oposicións secundaria" segundo proceda. É necesario seguir todos os pasos e chegar ao final do proceso e picar na icona “asinar e presentar”; ao final poderá obter un xustificante da presentación e o modelo de alegacións asinado.

No caso de que unha das causas de exclusión sexa a relativa ao aboamento dos dereitos de exame (taxa), as persoas excluídas poderán realizar no prazo indicado o aboamento que corresponda e formular a reclamación do xeito indicado anteriormente, acreditando o pagamento e/ou achegar a documentación acreditativa da exención ou bonificación. Para realizar o aboamento da taxa deberá acudir á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/), apartado "cidadáns" e en "pago de taxas e prezos" picar na icona "iniciar taxa" e elixir a opción de pagamento que considere oportuna. Deberá indicar o importe que corresponda e os códigos que se indican na base 3.8 da convocatoria. Logo do pagamento da taxa, deberá escanar o xustificante e xuntalo ao realizar a reclamación.

No caso de que non figure nin na lista de admitidos nin na de excluídos, deberá formular a reclamación igualmente por medios electrónicos. Neste caso deberá entrar na sede electrónica https://sede.xunta.gal co seu certificado dixital, DNI electrónico ou chave365, a través da icona “a miña sede” e no menú “trámites” elixir a opción “solicitude xenérica”. Na nova pantalla deberá premer na opción “ PR004A - Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado” e seguir os pasos que lle indica a aplicación para a súa presentación en liña: encher a solicitude, anexar a documentación que estime conveniente, e asinar e presentar a reclamación. 

Lémbrase que non está permitida a presentación de reclamacións por calquera outro medio que non sexa o indicado anteriormente. 

Subir ao índice

12/03/2018: Información sobre a convocatoria

Toda a información relacionada coa convocatoria de oposicións poden consultala a través da seguinte ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/oposicions2018  (Convocatoria, datas, distribución por tribunales, etc. )

Os chamamentos e notas dos tribunais, así como os criterios de avaliación e calquera outra información dos tribunais aparece na pestana 3.Consultas públicas  desta mesma páxina https://www.edu.xunta.es/oposicions/

Subir ao índice

Preguntas máis frecuentes da inscrición en liña

Inicio | Accesibilidade | Aviso | Privacidade | Contacto