Solicitude de actividades de formación no estranxeiro

Benvido/a á aplicación para participar na convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2018.

Data de publicación no DOG da convocatoria para o ano 2018: 7 de xuño de 2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria:

do 8 ao 28 de xuño de 2018.

Ligazón á Orde de convocatoria (DOG do 7 de xuño de 2018)

 

COMO SOLICITAR AS AXUDAS DE PIALE 2018

Acceda ao enderezo web: http://www.edu.xunta.es/piale

 

Será necesario completar os seguintes 5 pasos:

1. Consulte nese mesmo enderezo a orde de convocatoria.

 2. Entre na aplicación PIALE coa súa identificación e co seu contrasinal de edu.xunta.es.

3.     Entre no apartado 2. Alta solicitudes para cubrir o formulario.

4.    Grave a solicitude e despois imprímaa. (Unha vez gravada a solicitude, esta gárdase durante uns días no buzón de informes. Debe acceder ao buzón de informes e imprimila).

5.     Presente a solicitude asinada xunto coa documentación de méritos nun rexistro ou por correo certificado en sobre aberto para que Correos poida facer constancia da data de entrega na solicitude.

 

DOCUMENTACIÓN

1.   Solicitude asinada (Anexo I).

2.   Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no anexo III, co número de horas e coa autobaremación de cada certificado.

3. Certificado, expedido polo secretario ou secretaria do centro, co visto e prace da persoa directora, no que conste a materia, área ou módulo que imparte o solicitante no curso 2017/2018.

4. Acreditación do nivel lingüístico esixido para cada praza.

5. Fotocopias compulsadas de méritos académicos e profesionais segundo se indica no Anexo II. Non será necesario acreditar documentación respecto dos puntos 1 (méritos docentes) e 2.6 (participación en PIALE noutras convocatorias).

6.     Para o futuro profesorado CLIL:

                   -un compromiso individual e do seu centro educativo de participación nalgún dos devanditos programas durante o próximo curso, mediante a certificación de aprobación do consello escolar, unha vez informado o claustro.

                   -a acreditación da competencia lingüística B2 ou superior na lingua estranxeira na que vaia impartir a súa materia.

            7.    O profesorado coordinador de centros plurilingües e bilingües ou o profesorado CLIL debe asinar o Anexo V, comprometéndose a promover a creación/continuación do programa de centros plurilingües e/ou programa de seccións bilingües.

 

Como novidade, nesta convocatoria a modalidade 2 de cursos desenvolveranse todos, excepto o de Galicia, durante o 1º trimestre do curso 2018/19 en período lectivo.

Para máis información:

Correo electrónico: formaes@edu.xunta.es

Teléfono de contacto: 981 522 411

Asesoras:

  • Sonia Vázquez Gómez
  • Juana Torres Soto

Características dos aloxamentos e réxime nos diferentes lugares: