Preguntas máis frecuentes (FAQ)

 


1. Que é PLATEGA?

PLATEGA é a Plataforma de Teleformación de Galicia. PLATEGA é unha forma de educación xurdida co desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. O seu fundamento é aproveitar a facilidade de distribución de materiais formativos e as ferramentas de comunicación das redes informáticas para crear un contorno de ensino e aprendizaxe. Deste xeito, e mediante unha conexión á rede Internet, os usuarios poden realizar actividades interactivas, acceder aos materiais precisos para adquirir o coñecemento, recibir axuda, realizar comunicacións ou avaliar o seu progreso.

Subir ao índice



2. Como podo solicitar a miña matrícula nos cursos de formación de PLATEGA?

Dependendo da natureza do curso. Diferentes servizos da Consellería de Educación e O.U. ofertan cursos dende esta plataforma. Entre estes inclúense:

Servizo de formación do profesorado.

Pode consultar a información referente aos cursos a distancia e presenciais ofertados por este servizo na dirección:

  Páxina do Servizo de Formación do Profesorado

Os cursos de PLATEGA aparecen asociados co CFR "Servizos Centrais", podendo refinar a busca para a área ou familia tecnolóxica á que vostede pertenza. Pode consultar a seguinte guía rápida sobre como utilizar esta aplicación:

  Guía rápida sobre a aplicación Fprof

Cursos de formación na ferramenta XADE.

Os cursos específicos na ferramenta XADE están destinados tanto a persoal docente como persoal administrativo. Para o persoal docente os cursos ofértanse a través do servizo de formación do profesorado. Pode consultar a información referente aos cursos a distancia e presenciais ofertados por este servizo na dirección:

  Páxina do Servizo de Formación do Profesorado

Os cursos para persoal administrativo ofértanse a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), pode consultar información sobre cursos e convocatorias a través da dirección:

  Páxina da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Subir ao índice



3. Por que non poderei acceder?

Debe dispoñer dunha conta de usuario da consellería de educación no Dominio @edu.xunta.es para acceder a PLATEGA. No caso de non dispoñer de unha e non saber como solicitala pode informarse a través da Unidade de Atención a Centros (UAC), por calquera dos seguintes procedementos:

  Procedementos de solicitude de conta de usuario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Se dispón dunha conta de correo no dominio @edu.xunta.es e aínda así non pode acceder, podería haber moitas razóns, pero a máis probable é que simplemente esquecera o seu contrasinal, estea intentando acceder cun contrasinal equivocado ou o estea escribindo incorrectamente.

Para realizar unha comprobación dos datos da súa conta, pode probar a entrar cos mesmos datos (conta @edu.xunta.es e contrasinal correspondente) noutros servizos da Consellería de Educación como o correo electrónico a través da dirección:

  Acceso á páxina do Correo electrónico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

No caso de non poder acceder tampouco aos demais servizos é que se trata dun problema da súa conta en deberá poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC), por calquera dos seguintes procedementos:

  Procedementos de contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC)

Algunhas outras posibilidades son:

Subir ao índice



4. Por que non podo acceder se estou seguro da conta e contrasinal e teño as cookies habilitadas?

  • Se o acceso é adecuado probablemente presentaralle unha páxina co seu curso en branco (baleiro). Se o acceso non é correcto pode comprobar:
  • Ten o teclado activadas as maiúsculas?
  • Intercalou espazos en branco, maiúsculas ou acentos en nome de usuario ou contrasinal? Probe sen eles.

Subir ao índice



5. Como podo atopar o curso X?

Se non está xa matriculado nun curso, pode atopalo por medio do seu nome e descrición. Se xa está matriculado apareceralle no seu bloque "Os meus cursos".

Subir ao índice



6. Como cambio os meus cursos?

Mediante o seu bloque "Os meus Cursos" se está dispoñible. Volva á páxina principal a través do enlace "Platega", no menú principal da esquina superior esquerda.

Subir ao índice



7. Como volvo á páxina principal do curso?

  • Utilice o botón de atrás, ou a lista de páxinas visitadas, do seu navegador, a través da frecha cara á esquerda, na barra de ferramentas do seu navegador na parte superior esquerda ou o botón da parte completamente inferior da páxina do curso.
  • Tamén pode volver á páxina principal a través do enlace "Platega", no menú principal da esquina superior esquerda.

Subir ao índice



8. Como migrar cursos moodle da versión 1.8.* e 1.9.* á 2.6 para traelos á nova Platega?

Restaurar un curso dunha versión anterior en Platega non é algo directo, para facelo recomendámoslle seguir paso a paso a Guía para migración de cursos á nova versión de Platega


9. Por que non podo acceder a Platega a través da app Moodle Mobile?

Dende dispositivos que teñen instalada a versión 5 de Android ao acceder a PLATEGA dende Moodle Mobile aparece o seguinte erro: "Non se pode conectar. Precisa una versión de Moodle 2.4 ou superior".

Isto pasa porque Android 5 non inclúe o certificado oficial da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre "FNMT clase 2 CA" como certificado de confianza, e non o instala directamente polo que precisa dunha instalación manual.

Para realizar a instalación manual cómpre acceder á páxina https://www.sede.fnmt.gob.es/ dende o dispositivo móbil no que vaia a instalar a app e seguir os pasos para almacenar dito certificado nese dispositivo.

Subir ao índice



10. O meu nome ou apelidos aparecen de forma incorrecta, como podo corrixilos?

O nome, apelidos e email utilizados pola plataforma están sincronizados co LDAP e contausuario, pode revisalos en datospersoais e no caso de ser un dato do que non se permita modificación deberá comunicalo á UAC.

Subir ao índice



11. Como me poño en contacto co titor do curso?

Existen varias opcións de comunicación co seu titor:

  • A través dos foros existentes en cada curso, por exemplo, o foro do módulo ou foro de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler as súas intervencións no foro ou posts.
  • A través do sistema de mensaxería interna da plataforma tamén coñecido como Chat. As mensaxes enviadas por este medio son privados entre vostede e o seu comunicante, xa sexa o titor ou calquera outro participante.
  • A través do correo electrónico, se o titor o permite, utilizando o seu programa de correo habitual ou o correo web da Consellería de Educación e O.U. na dirección: http://www.edu.xunta.es/correo co seu usuario @edu.xunta.es e contrasinal correspondente.

Subir ao índice



12. Por que non recibo ningún correo e outros compañeiros si?

Existen varias opcións:

  • Poida que a súa dirección de correo no seu perfil sexa errónea ou estea deshabilitada.
  • Tamén pode ser que non se subscribira aos foros que xeran correos.

Subir ao índice



13. Como podo deixar de recibir todos estes correos?

O correo electrónico é esencial para o funcionamento de PLATEGA. Emprégase para manterte informado das novidades. Se queres reducir a cantidade de correos que recibes podes:

  • Editar o seu perfil e cambiar a súa configuración de correo electrónico para recibir só resumos, recibirá así un único correo diario.
  • Cancelar a súa subscripción aos foros non esenciais, aínda que debería ter en conta as recomendacións dos titores.
  • Inhabilitar a súa dirección de correo electrónico no seu perfil, aínda que non é recomendable xa que pode afectar ás comunicacións por parte do seu titor.

Subir ao índice



14. Por que non hai botón de "Enviar este arquivo", ou "Gardar"?

Pode ser que:

  • A tarefa estea pechada neste momento.
  • A tarefa non fora aberta aínda.
  • Xa gravaches algo antes e a configuración impida que repitas as tarefas.

Subir ao índice



15. Como podo ver os comentarios do profesor ás miñas tarefas recentes?

Existen varias formas de acceder a eses comentarios:

  • O método máis corrente consiste en ir ao mesmo sitio, Tarefa, no que enviaches o traballo.
  • Outro método consiste en pulsar no vínculo que se atopa no bloque "Actividades recentes", no caso de que o profesor inclúa ese bloque no seu curso.
  • Un método máis consistiría en acceder ao libro de avaliación e picar no vínculo correspondente á tarefa.
  • Dependendo de como se configurou a tarefa, podes recibir un correo electrónico se foi seleccionado cun vínculo directo ao os comentarios.

Subir ao índice