Ampliación do prazo para participar no II Concurso de podcasts "Radio na biblio", en colaboración coa CRTVG (Radio Galega)

Lun, 01/06/2020 - 13:42
 Convocatoria do II Concurso de Podcasts-Radio na biblio

Con data 13 de febreiro de 2020, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, facía pública a convocatoria do II Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa CRTVG (a través da Dirección da Radio Galega), co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas de 2020 ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero, destinado aos centros públicos integrados no programa Radio na Biblio con extensión a outros centros de titularidade da consellería que traballan xa coa radio como ferramenta pedagóxica, co fin de estimular, por unha banda, a valoración da lingua galega e, por outra, reforzar a lectura de dous xéneros literarios aos que Carvalho Calero dedicou parte da súa obra: a poesía e o teatro. O prazo de presentación de traballos remataba o 25 de abril. A suspensión da actividade educativa presencial, por mor do estado de alarma, impediu que a maioría do profesorado e alumnado interesado puidera elaborar os produtos radiofónicos para poder presentalos ao concurso no tempo sinalado. Por outra banda, e nesta situación provocada pola COVID-19, a Real Academia da Lingua Galega comunicou o traslado ao día 31 de outubro de 2020  do Pleno do día das Letras Galegas adicado ao citado autor, e tamén pospuxo diferentes actos presenciais á volta do verán, prolongando, deste xeito, a celebración do ano Carvalho Calero ao longo do último cuadrimestre do 2020.

  • Achégase a Resolución de 1 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se amplía ao 10 de outubro o prazo de presentación de traballos a este certame.