Gallego

Convocatoria da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos de 2024

Gallego

Publicada a Resolución do 5 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

  • O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Máis información

 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria Erasmus+ para alumnado de FP de grao superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Gallego

Publícase a Resolución do 12 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 15 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 18 de xaneiro ata o día mércores 31 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

  1. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 18 de xaneiro de 2024.
  2. Premer na icona “Tramitar en liña
    Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
  3. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
  4. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

VII Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional da Muller"

Gallego

Xúntanse as bases da convocatoria do VII Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo "Día Internacional da Muller".

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Gallego

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do programa para o mantemento e incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital de Galicia

Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa para o mantemento e a incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital da Comunidade Autónoma de Galicia.

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2024

Gallego

Publicada a Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:

Para a primeira convocatoria: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Para a segunda convocatoria: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

Nota: Debido a causas sobrevidas hai un cambio no lugar de realización da proba na sede de Ourense. A proba do próximo 7 de xuño celebrarase na EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, n.º 4, 32002 Ourense. 

 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria das axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024

Gallego

Orde do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria das axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024 (código de procedemento ED416A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de marzo de 2024.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de axudas de mobilidade para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2023/24 en países do programa comunitario Erasmus+

Gallego

Orde do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2023/24 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+ (código de procedemento ED417A).

  • O prazo de presentación será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2023/2024

Gallego

Publicada a Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 11 de xaneiro ata o 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.