Inicio

 

Premios ao alumnado

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior. Convocatoria 2022-2023

Normativa

Orde de convocatoria. DOG do 25 de marzo

 

Consulta un resumo da información da convocatoria na seguinte ligazón.

  

Solicitudes

Prazo de solicitudes: 26 de marzo a 25 de abril 

Para realizar unha solicitude hai que facer o seguinte:

1. Cubrir a solicitude:

Para facer a solicitude hai que entrar na aplicación PremiosEdu con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (facer clic na icona verde na esquina superior dereita desta páxina). Despois de acceder á aplicación PremiosEdu, hai que seleccionar a opción “Solicitudes” no menú da esquerda. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que hai que comprobar e/ou cubrir os datos persoais e de contacto, os datos académicos e os méritos a alegar. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Solicitudes”. Nesta lapela hai que premer no botón “Engadir” e completar o resto de información relativa á solicitude. Unha vez cuberta a solicitude hai que gardar o borrador da mesma para poder facer a presentación electrónica.

2. Asinar e presentar a solicitude de xeito electrónico:

Para asinar e facer a presentación electrónica da solicitude deberase acceder ao borrador da mesma na aplicación PremiosEdu e a continuación premer no botón “Presentar E Firmar En Sede Electrónica” que enlazará coa sede electrónica da Xunta de Galicia previa autenticación mediante Chave 365 ou certificado dixital.

Unha vez dentro da sede electrónica atoparase a solicitude xa cuberta xunto cos méritos alegados. A continuación, deberase achegar a documentación xustificativa así como a documentación para a cal non se autorizou a consulta por parte da administración.

 

Para solucionar as posibles dúbidas que poidan xurdir sobre o procedemento a seguir para realizar as solicitudes pódese consultar o manual da aplicación a través da seguinte ligazón.

 

Consulta de información da convocatoria 2021-2022  e anteriores nesta ligazón.

 

Premios extraordinarios de bacharelato. Convocatoria 2022-2023

Concesión

Orde de concesión. DOG do 18 de setembro

 

Consulta de información da convocatoria 2022-2023 nesta ligazón

Consulta de probas de convocatorias anteriores nesta ligazón

 

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Convocatoria 2022-2023

Concesión

Orde de concesión. DOG do 10 de novembro

 

Consulta de información da convocatoria 2022-2023 nesta ligazón.

Consulta de probas de convocatorias anteriores nesta ligazón.

 

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal. Convocatoria 2022-2023

Concesión

Orde de concesión. DOG do 12 de decembro

 

Consulta de información da convocatoria 2022-2023 nesta ligazón.