Termos de uso

Condicións xerais de uso da rede social REDEIRAS

Redeiras é unha rede social de carácter profesional dirixida ao profesorado dos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos que proporciona á comunidade docente un espazo de comunicación e colaboración onde intercambiar ideas, propostas, recursos, actividades e iniciativas, promovendo así unha filosofía de coñecemento aberto.

A rede social Redeiras está aberta á participación e á colaboración desinteresada dos membros da comunidade docente sempre que se respecten os termos de uso que se detallan a continuación.

  1. O uso da rede social Redeiras está restrinxido aos profesionais do ensino dos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos.
  2. A identificación do usuario rexistrado en Redeiras está vinculada á súa conta persoal de correo corporativo (@edu.xunta.es) tanto para o acceso como para o uso da propia plataforma.
  3. Cada usuario é o único responsable da súa conduta nesta rede social, e non serán admitidos comportamentos, accións ou publicacións que ben polo seu contido ou na súa forma atenten contra o respecto, a liberdade e os dereitos de outros. Neste sentido non se tolerarán actitudes inadecuadas por parte de ningún dos seus membros como o abuso, o acoso, a ameaza ou a intimidación.
  4. Non se permitirá a suplantación de identidade doutros usuarios.
  5. Cada usuario é o único responsable da información, documentación, elementos multimedia e enlaces que él mesmo publique directamente en Redeiras.
  6. Non se debe transmitir a través desta rede social calquera contido que puidera violar os dereitos protexidos pola normativa da propiedade industrial e/ou propiedade intelectual.
  7. Os contidos publicados deben respectar os dereitos de protección de menores, así como os concernentes á integridade dos demais membros da rede e terceiras persoas.
  8. Non está permitido o uso da plataforma con fins comerciais (publicidade comercial e/ou intervencións con ánimo de lucro), nin a promoción de grupos políticos ou relixiosos.
  9. Vostede non pode usar esta rede social con propósitos ilícitos, ilegais ou non autorizados incluíndo a transmisión de spam e código malicioso, como virus, vermes ou calquera outro de natureza destrutiva.

A violación de calquera das condicións anteriormente expostas terá como resultado a baixa inmediata do usuario na plataforma así como a cancelación da súa conta de usuario, reservándose esta Consellería o dereito de emprender as accións legais que se estimen oportunas en cada caso.