substitutos

Xestión de substitucións

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Usuario/a: Sen identificar Entrar

Inicio

APERTURA DO PRAZO PARA QUE O PERSOAL DOCENTE, INTERINO OU SUBSTITUTO, SOLICITE  PROVINCIAS OU ZONAS.

O Acordo do 20 de xuño de 1995 e as súas addendas, publicado como texto refundido por resolución do 28 de xuño de 2017 (DOG nº. 131, do 11 de xullo) do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, establece no seu apartado décimo cuarto, que o profesorado interino e substituto que estean nunha das circunstancias que a continuación se relacionan poderá optar polo período mínimo dun curso académico, por realizar substitucións nunha zona educativa:

  • Para atender o coidado un fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo.

  • Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída, e excepcionalmente ata o segundo grao.

  • Por enfermidade grave do propio docente

  • Por ter concedida unha bolsa de estudos

  • Por ampliación de estudos

  • Por ser vítima de violencia de xénero

  • Por calquera das circunstancias que permiten aos funcionarios públicos a concesión dos servizos especiais.

Asemade, a base décimo oitava da Orde do 13 de xuño de 2017, prescribe que o profesorado interino e substituto que non obteña praza nesta adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como interino ou substituto nunha ou varias provincias, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura de substitucións.

Se Vde. desexa acollerse a traballar nunha provincia ou en máis dunha pero non nas catro provincias da Comunidade Autónoma, ou acollerse a prestar servizos nunha zona educativa ou a non prestar servizos durante o curso académico 2017/2018, deberá efectuar a solicitude, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura de substitucións, acompañada da documentación, cando sexa o caso, xustificativa da circunstancia alegada, no prazo comprendido entre os días 15 de xullo de 2017 e o 16  de agosto de 2017, ambos incluídos.

Para calquera dúbida pode poñerse en contacto:

  • Profesores do corpo de mestres
    • Teléfonos: 981 545495 - 981544487 - 981 545440
    • Enderezo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es

     
  • Profesores dos restantes corpos (PES,FP, EOI, ETC...)
    • Teléfonos: 981545407 - 981545408
    • Enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es

 

 


Inicio | Accesibilidade | Aviso | Privacidade | Contacto