transporteescolar

Xestión do transporte escolar

Portal Educativo da Xunta de Galicia

Usuario/a: Sen identificar Entrar

Inicio

CURSO 17/18

Desde hoxe ata o vindeiro mércores, 5 de xullo, levaranse a cabo tarefas de actualización de rutas, polo que non será posible facer asignación de paradas nin copias de unha convocatoria para outra.

------------------------------------------------

Recórdase ás direccións dos centros que desde o menú "Utilidades>Delegación de permisos" poden dar permisos a outros usuarios do centro para acceder á aplicación coas súas mesmas atribucións.

[Amosar novas de anos anteriores] [Ocultar novas de anos anteriores]

03/10/2012> Engadiuse un novo "check" "Usuarios excepcionais (necesita autorización)" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte. Máis información na pantalla de "Asignación de paradas"

03/10/2012>Xa é posible asignar paradas a alumnado matriculado en ensinanzas non lexítimas (sen dereito a transporte escolar).

18/09/2012> Engadiuse un novo "check" "Perceptor de axuda individualizada" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte.

18/09/2012> Realizada a segunda e última copia de usuarios desde a convocatoria pasada á actual. Se algún alumno con parada asignada no curso anterior non figura de alta neste curso deberá ser asignado de novo.

CONVOCATORIA 2012/2013 ACTIVADA. Xa é posible asignar paradas no curso 2012/13. Foron trasladadas a este curso as asignacións alumno/parada do curso anterior, sempre que o alumno puidera seguir utilizando o mesmo servizo. Téñase en conta que un servizo pode non estar habilitado para todas as ensinanzas do centro, polo que non sería posible manter a asignación alumno/parada se o alumno cambia de etapa educativa.

O alumnado matriculado en Xade estará visible na aplicación ao día seguinte.

O menú "Utilidades>Cambiar convocatoria" permite situarse en convocatorias distintas á actual.

21/03/2012> Engadiuse un novo "check" "Modalidade C" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte.

21/03/2012> Eliminouse o "check" "Usuario renuncia ao servizo" utilizado como causa válida para xustificar a gratuidade de uso do servizo de comedor. A normativa indica que a causa de gratuidade total é "ser usuario do servizo de transporte escolar"

13/12/2011> A partir da vindeira semana será posible asignar paradas ao alumnado de PCPI con dereito a usar o servizo de transporte escolar (alumnado  con 16 ou menos anos a data 31 de decembro do ano de inicio do curso). Se no seu centro existe alumnado destas caracteristicas  non debe pechar os servizos ata telo rexistrado na aplicación.

09/12/2011> NOVA FUNCIONALIDADE (Alumnos transporte>Pechar servizos). Xa é posible indicar que se rematou coa introdución de datos desde o centro. O centro terá que realizar este proceso antes da data indicada por cada servizo territorial. O cometido dos centros remata coa introdución dos datos na aplicación. Non hai que enviar nada ao servizo territorial. Para máis información consulte o manual actualizado "Manual de uso para o centro" dispoñible desde o menú de Axuda.

09/12/2011> NOVO INFORME: Engadido novo informe "TR003-Paradas por alumnos".

16/11/2011 > A partir de hoxe, desde o portal Espazo Abalar, os responsables do alumnado poden consultar os datos que, sobre os seus fillos,  figuren na aplicación de transporte escolar.

02/11/2011 > No proceso de introdución de paradas, cando o alumno faga uso de enlaces, só se terá en conta como parada do alumno aquela que estea máis próxima ao centro, debendo considerarse o resto como enlaces. Teña presente que a aplicación non permite buscar enlaces se antes non se introduce a parada e que os enlaces non poden buscarse desde o campo parada.

11/10/2011 > Unha vindeira mellora permitiralle ao director/a do centro  habilitar a outras persoas para utilizar a aplicación.

30/09/2011 > É importante que actualice o seu navegador á ultima versión posible. Detectáronse problemas na utilización da aplicación con versións moi antigas do navegador Firefox.

IMPORTANTE:

  • A aplicación non permite engadir unha parada con servizo ordinario á saída da mañá ou á entrada da tarde cando o centro ten, para ese día, horario de mañá e tarde. Nestes casos o servizo terá que ser de mediodía.
  • Lémbrase que as incidencias relacionadas coas paradas (erro ou omisión) serán atendidas dende o servizo territorial correspondente:
    • A Coruña 981 184 739
    • Lugo 982 294 186
    • Ourense  988 386 648
    • Pontevedra  986 805 951
  • As consultas sobre incidencias relacionadas co funcionamento e uso da aplicación deberán ser dirixidas á UAC  a través do teléfono 881 99 77 01. Nos servizos territoriais non atenderán incidencias de este tipo.

 


Inicio | Accesibilidade | Aviso | Privacidade | Contacto | Proxecto