Respostas ás preguntas máis frecuentes

Protexa a súa conta de correo: non facilite o contrasinal a ninguén

  1. O correo @edu.xunta.es está sendo obxecto de ataques de tipo "phishing" que compremeten a nosa seguridade. O obxectivo deste tipo de ataques é enganar aos usuarios de internet para que faciliten os datos que os identifican no acceso a distintos servizos que se ofrecen a través da rede: claves de acceso a banca electrónica, ao correo electrónico...
  2. Pode que reciba varios correos electrónicos solicitándolle que facilite os datos da súa conta e contrasinal do correo @edu.xunta.es para "ampliarlle a cota", ou que se non a proporcionan "darase de baixa". Tamén lle poden pedir que acceda a unha paxina web para "verificar os datos da conta"
  3. É moi importante que non responda a estas mensaxes, xa que do contrario a súa conta de usuario estará comprometida. A Administración nunca lle pedirá que facilite o seu contrasinal, posto que a súa conta de usuario é persoal e intransferible. Así mesmo, preste atención ao dominio da URL onde introduce o seu usuario e contrasinal e non o faga en ningunha páxina web alléa á Consellería de Cultura e Educación (http://*.edu.xunta.es/*)
  4. Se xa respondeu a algunha desas mensaxes facilitando os datos da súa conta de usuario, por favor, cambie de inmediato o seu contrasinal accedendo á aplicación contausuario.
  5. Se ten calquera dúbida de como facer isto, póñase en contacto coa UAC

Non recibo ningunha mensaxe no correo

  1. Comprobe o estado da súa cota na parte superior esquerda da pantalla de entrada ao correo. Se xa superou o 100% da súa cota, non poderá recibir ningunha mensaxe ata que elimine parte das mensaxes e baleire a papeleira do correo web.
  2. Comprobe se a ordenación das mensaxes é correcta. De non ser así, prema en "Data" para ordenar as mensaxes polas máis recentes.
  3. Comprobe os seus filtros de mensaxes, concretamente "Reenvío" e "Lista negra".
  4. Se o problema persiste, envíese un correo a si mesmo/a, tome nota da data e hora do envío e póñase en contacto coa UAC.

Non podo enviar nin reenviar mensaxes

  1. Comprobe se ten activado o bloqueador de fiestras emerxentes e engada o dominio xunta.es á lista de excepcións. Infórmese de como facelo nos seguintes enlaces:
  2. Se ten instalada algunha Barra de Ferramentas (Yahoo's, Google Toolbars), probe a desinstalala buscandoa en Menú inicio > Panel de Control > Agregar ou quitar programas.
  3. Se o problema persiste, ou ten algunha dúbida de como facer isto, póñase en contacto coa UAC.

Cando premo nalgún enlace, caduca a sesión do correo web

  1. Se utiliza o Internet Explorer, probe a activar a "Vista de Compatibilidade" para edu.xunta.es. Infórmese de como activala neste enlace
  2. Utilice outro navegador (Internet Explorer, Firefox, Google Chrome, etc.) para comprobar que o problema non existe.
  3. Se o problema persiste, tome nota da versión do navegador e póñase en contacto coa UAC.

Non podo visualizar os remitentes e asuntos das mensaxes

  1. Se utiliza o Internet Explorer, probe a activar a "Vista de Compatibilidade" para edu.xunta.es. Infórmese de como activala neste enlace
  2. Ao abrir a mensaxe nunha nova ventá os datos visualízanse correctamente. De non ser así, utilice outro navegador (Internet Explorer, Firefox, Google Chrome, etc.) para comprobar que o problema non existe.
  3. Se o problema persiste, tome nota da versión do navegador, e póñase en contacto coa UAC.

Coa migración desapareceron os contactos

  1. Por defecto o correo web só mostra os contactos que comezan pola letra "A". Se desexa ver a totalidade dos contactos, prema en "(Todo)"; se quere ver os que comezan por unha letra en concreto, prema nesa letra.
  2. Non é necesario consultar os contactos dispoñibles para enviar, xa qeu ao teclear o nome do contacto na liña "Para:", mostrarase nun despregable xunto con outros contactos dispoñibles que conteñan as palabras tecleadas.
  3. Comprobe que ten asignado o seu caderno de enderezos e non o caderno compartido doutro usuario (Caderno de Enderezos > Preferencias > Cadernos de enderezos).

Coa migración desapareceron os grupos dos contactos

  1. Os grupos de contactos aparecen listados no medio do resto de contactos e identifícanse por ter unha icona especial de grupo.
  2. Non é necesario consultar os grupos dispoñibles para enviarlle un correo, xa que ao teclear o nome do grupo na liña "Para:", mostrarase nun despregable xunto con outros contactos dispoñibles que conteñan as palabras tecleadas.
  3. Tamén pode consultalos no despregable da opción "Engadir a"

Como podo enviar unha mensaxe a algúns membros dun grupo?

Debe escribir o nome do grupo en "Para:" e, ao premer no tabulador, aparecerá o listado de destinatarios dese grupo.

Debe volver a esa liña e eliminar os contactos aos que non desexe enviarlles o correo.

Fallo de seguridade: vexo contactos que non son meus

  • Se vostede pode ver contactos que non se corresponden co seu caderno de enderezos, é porque outro usuario os fixo dispoñibles, ben sexa voluntaria ou involuntariamente.
  • Se quere comprobar se os seus contactos son visibles por outros usuarios, comprobe os permisos sobre o seu caderno de enderezos, seguindo os pasos indicados no manual
  • Se o desexa, informe a UAC para que localicen ao usuario e lle axuden a ocultar o seu caderno de enderezos

Non me carga a páxina de entrada do correo

Probe a eliminar os arquivos temporais do seu navegador, pécheo e intente acceder de novo. Infórmese de como facelo nos seguintes enlaces:

Os borradores eliminanse ao saír da sesión do correo web

Cando se edita un correo, o sistema o garda automaticamente en borradores mentres non se envía. Así, só se pode conservar o contido deste correo mentres dura a sesión, de xeito que se pecha a sesión os borradores así gardados se perderían.

De todas formas, existe a opción de manter os borradores entre sesións. A configuración é a seguinte: acceder a Preferencias | Compoñer | Borradores | sinalar o check “Pechar a ventá de redacción tras gardar un borrador”. Deste xeito, se quere gardar explicitamente o borrador, pecharase a ventá e quedará gardado para as próximas sesióons.

Non obstante, debe ter claro que, se nalgún momento o borrador o garda o sistema automaticamente, e non o garda manualmente despois, perderá igualmente este correo ao saír da sesión.

O meu problema non se corresponde con ningún dos anteriores

Para calquera outra incidencia, aclaración ou dúbida pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros a través do número 902 905 445, ou por correo electrónico no enderezo uac@edu.xunta.es

Finalmente, dispón dun manual completo de uso do correo web que pode descargar neste enlace.