Drupal 6.0 e copias de seguridade
- Melloras |
- Drupal |
- Drupal 5.7
Un par de dúbidas:
Nun dos recentes comentarios do webmaster, informábase de que en xuño se faría unha actualización a Drupal 5.7, pero vexo que xa está dispoñible a versión 6.0 con importantes melloras, non poderíamos pasar xa a 6.0?
Por outra parte, temos forma de facer unha copia de seguridade dos nosos espazos web?, ou a Consellería xa o está facendo periódicamente pola súa conta?
- APIs de Blogue
Actualización
A versión 6 aínda está moi verde. Algúns dos módulos que empregamos aínda non están dispoñibles.
En canto as copias de seguridade a consellería fainas periodicamente.
Os centros sempre poden facer copias de seguridade da súa base de datos e tamen do espazo. De calquera xeito, cando facemos unha actualización facemos unha copia de seguridade do espazo que mantemos durante un mes por se algún centro considera que se perdeu algún dato. Nunca houbo ningún problema pero procuramos traballar con rede.