Skip to Content

Webs dinámicas: Recollida de datos.

 

Nota de humor

 

Dende que en Xaneiro de 2006 froito da colaboración de dous asesores nacera este proxecto, moitos son os centros que cada día se están a unir a él. Somos xa máis de 500 centros os que participan no proxecto, e o número non deixa de subir.

Xa moi pouca xente dubida do potencial das ferramentas ofrecidas. Tanto Drupal como Moodle non paran un minuto na carreira da potencialidade web 2.0. Foi de feito, drupal, o recente gañador do Winner CMS Awards '08.

Este proceso de crecemento pode resultar, á vez que gozoso, complexo na súa administración. Así o viñemos comprobando nesta última actualización.

O camiño a seguir debe ser un camiño organizado e de aproveitamento, por parte de toda a comunidade educativa, das posibilidades que estas ferramentas nos ofrecen.

Dende o Proxecto Websdinámicas tratamos de mellorar a comunicación cos centros e lograr unha comunicación máis fluida, na medida do posible. É por todo isto polo solicitamos a vosa colaboración.

Dentro dun marco de avaliación formativa queremos saber, ademáis de unha serie de datos sobre os participantes no proxecto, cal é a vosa visión do mesmo. Que vos gustaría mellorar e cales son as vosas propostas.

A propia plataforma Drupal nos pode servir para, dunha maneira áxil e efectiva, comparitr información con vos e así poder mellorar o servizo.

Para a toma dos datos que amablemente vos pedimos utilizaremos o tipo de contido Webform que nos ofrece drupal. Así unha vez que cubrades os datos poderemos, dunha maneira áxil e eficaz, exportalos a unha tabla de datos para o seu posterior tratamento.

Agradecemos a vosa colaboración e recordade o que dicía Dries Buytaert, fundador do proxecto Drupal: “de todas maneiras é máis importante a comunidade que o software de drupal”.
Formulario de consulta:
Escriba aquí nome do centro coa modalidade (CEIP, EEI, IES...)
En caso de non habelo indicarase: sen coordinador
Cubrilo co nome dos participantes no Proxecto Websdinámicas
Elimina o texto por defecto antes de escribir as túas reflexións.


webform | by Dr. Radut