Skip to Content

versión recortada

Pódese facer que se vexa a páxina completa sin que apareza a versión recortada?, que desapareza o ler máis.

PODE SER ISTO?

Ó mellor é unha ruta máis longa e, igual non é o que preguntas, pero podes ir a Administrar, Configuración do artigo,Lonxitude de envíos recortados e elixes nº de palabras (hai varias opcións) ou ilimitado... Garda-la configuración e xa estaría para o próximo artigo, historia... que fagas. Se queres aplicarllo ó que xa tes feito de antes, e para que actúe con "retroactividade"... deberás ir ó contido que queiras que se vexa enteiro e, simplemente... Editar e, sen facer nada máis... darlle a Enviar. Despois, si se fixo ben, xa comprobarás que sae enteiro... Que sexa o que preguntabas! Un saúdo, de colegui en apuros a colegui en apuros...

pagebreak - ler máis - contido recortado

Para isto empregaremos o módulo Paging que consiste en inserir un pequeño código na parte do texto onde desexamos colocar un corte do mesmo. Para colocar este código debemos de desactivar o texto enriquecido para que apareza o corpo do texto en modo HTML. Buscaremos o lugar onde desexemos inserir o corte da páxina e escribiremos o seguinte código: <!--break-->.

Unha vez publicado o contido observaremos como no lugar onde inserimos o código anterior agora córtase a páxina.

Para que che apareza o contido completo só tes que engadir a etiqueta (dentro do código html) ó final do contido.



forum | by Dr. Radut