
O QUE TODO GALEGO CHORARÍA
VALENTÍN PAZ ANDRADE
CHORA, TERRA, TEU PRANTO
das augas, e dos eidos, e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da raza,
en mantelo de brétemas envoltas,
que noso fin ao noso orixe ligan.
[...]
ENLACES DE INTERESE:
Blogue das Bibliotecas Escolares
OUTROS:
http://www.slideboom.com/presentations/510745/A_BIBLIOTECA_das_-letras-galegas
http://issuu.com/socri/docs/textos_v._p-a
A Asociación Espiral, Educación y Tecnología, que agrupa a profesorado, técnicos, investigadores, estudantes e entidades co obxectivo de difundir a aplicación das TIC na educación, convoca estes premios Espiral edublogs
Na páxina: http://espiraledublogs.org/2012/ , está a relación de blogues finalistas do VI premio Espiral de Edublogs 2012 na que aparecen tres bibliotecas escolares galegas: blogue da biblioteca do CPI DE CATOIRA: Lecturo Literaturo, blogue da biblioteca do IES PARGA PONDAL: Biblioteca Landra e o blogue da biblioteca do CEIP A LAMA: O Recanto de Leo.


Para o día da nai...
un poema e algunha recomendación de lectura.
Co aceite poñiamos segredos,
palabras, conversas,
e a pota reventaba fervendo de impaciencia.
Mais a vida seguía
despois do aceite o allo, a cebola, o pemento
(mellor se for vermello)
e sempre remexendo o garfo de madeira.
E así un día e outro foron facendo costra,
tixolas, cazos, potas,
non houbo nunca auga que arrastrara eses anos,
nin xabón que varrera tanto empeño diario.
Marta Dacosta (1998) Setembro.
Outras lecturas recomendadas:
O LIBRO DOS PORCOS
Autor e ilustrador: ANTHONY BROWNE
Tradución ao galego: XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ
Editorial Kalandraka
O señor Porcón vivía cos seus fillos,Miguel e Antón, nunha bonita casa cun bonito xardín, e cun bonito coche, nun bonito garaxe. Dentro da casa estaba a súa muller.
http://www.slideshare.net/bibliobeade/o-libro-dos-porcos
Autor: Nick Butterworth,
Traductor: Víctor Barcia
Edicións Xerais de Galicia
Reinvindica o papel das nais como mulleres activas e capaces que fan cousas inimaxinables para procurarnos benestar, confianza e sobre todo moito amor.
http://www.tacobooks.com/libro/mina_nai_e_fantastica
Propostas do CEIP Víctor Sáenz de Antes, Mazaricos http://bibliovictorsaenz.blogspot.com.es/2010/05/primeiro-domingo-de-maio-dia-da-nai.html
En InnovArte Educación Infantil, teñen tamén propostas para o día da nai:
http://innovarteinfantil.wordpress.com/tag/dia-da-nai/

Vintenove profesores de Formación Profesional realizarán Estadías Formativas en Empresas ou Institucións entre os meses de maio e setembro de 2012. Destas estadías, 5 pertencen a modalidade B2 ( a realizar fóra da nosa comunidade) e se levarán a cabo en países como Alemaña, Irlanda o Portugal. Estas actividades formativas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
Podedes descargar a RESOLUCIÓN DEFINITIVA na seguinte ligazón: DESCARGA

Tendes aberta a inscrición para as próximas Xornadas de lingua organizadas polo CAFI. O código da actividade en Fprofe é G1102005

(imaxe extraída de http://www.blogoteca.com/normalizadinamizalingua/index.php?cod=109843)
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
Celso Emilio Ferreiro (1978) Longa noite de pedra en Obra completa, I (Madrid: Akal editor)
Para ver, saber e utilizar máis:
http://redelectura.blogspot.com.es/2011/12/ano-de-celso-emilio-ferreiro.html
http://sondepoetas.blogspot.com.es/2011/06/monologo-do-vello-traballador-celso.html
http://www.youtube.com/watch?v=dfNKNAxba6o/
http://celsoemilioferreiro.org/
http://cadernodelingua.wordpress.com/2012/01/24/no-reinado-de-celso-emilio-ferreiro/
http://consellodacultura.org/mediateca/documento.php?id=1220

Nos Encontros do PLAMBE 2011-2012, que se celebraron en Santiago o xoves e venres da semana pasada, presentouse a versión en galego do documento: Bibliotecas Escolares ¿entre interrogantes? que xa está dispoñible para a súa descarga e utilización premendo na imaxe:


Dende o Departamento de Bibliotecas Escolares do CAFI queremos celebrar o día internacional do libro compartindo con todos vós estes dous poemas:
A POESÍA É VERDADE (Celso Emilio Ferreiro)
Un procura a verdade
por tódolos camiños, baixo as pedras,
nas raigames escuras das olladas,
máis alá das escumes e os solpores.
Busco a verdade en tí, rexa poesía
dos homes que laboran,
tacto real das cousas
que están e son, anque ninguén as vexa.
Home total,
que vas e ves sen sombra polas rúas
e tes a túa verdade nos curutos
do mundo, no profundo da historia,
na experiencia dun día calisquera,
e non ves os paxaros nin as nubes
nin as lonxícoas maus do vento dondo
que acariñan o mundo dende sempre.
Investiga a verdade do teu tempo
i alcontrarás a túa poesía.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN NO FPROFE ATA O 18 DE ABRIL.
CELEBRACIÓN: 27 e 28 de abril no IES "Universidade Laboral" de Culleredo (A Coruña)