Consulta as novas das Xornadas

04/05/2015

ACCESO AOS MATERIAIS DAS XORNADAS


Xa se pode acceder aos materiais dos relatores das xornadas. É posible consultalos na ficha de cada relatorio/experiencia ou a través desta ligazón: MATERIAIS DAS XORNADAS


14/04/2015

SIGUE EN DIRECTO AS XORNADAS POR STREAMING


As Xornadas escolaTIC 2015 poderán seguirse en streaming desde a canle Cafi Galicia en Youtube. Conforme comece a emisión, as ligazóns de acceso amosaranse como dispoñibles. Lembrámosvos tamén que a forma máis sinxela de estar ao corrente de calquera notificación é lendo a nosa liña de tempo en Twitter.


14/04/2015

DEMOSTRACIÓN DE IMPRESORA 3D E ESCORNABOTS


O sábado pola mañá, no recinto de entrada do Palacio de Congresos haberá unha demostración do funcionamento dunha impresora 3D e dos Escornabots. Todo da man do compañeiro Tucho Méndez..


08/04/2015

PROGRAMA DAS XORNADAS


Xa podedes consultar o programa de escolaTIC 2015 na pestana correspondente.


08/04/2015

OBRADOIROS


Podedes consultar os obradoiros que se van ofertar durante as Xornadas. Lembrade que para poder participar nalgún deles é indispensable inscribirse previamente. En Obradoiros, dentro da pestana Relatorios, tedes a ligazón para facer a escolla. O prazo para anotarse abrirase o vindeiro martes, 14 de abril, ás 14:00. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.


25/03/2015

EDU-QR: COMPARTIDE A VOSA EXPERIENCIA!


Levades a cabo na aula algunha experiencia educativa innovadora que implique o uso das TIC? Utilizades unha metodoloxía distinta e queredes compartila con todos os participantes das Xornadas? Descargade e cubride a ficha modelo. Non esquezades incluír o código QR que nos leve á páxina do voso proxecto. Levádea ás Xornadas e poderedes colgala e compartila no espazo que habilitaremos a tal efecto. Animádevos!

[DESCARGA] Modelo da ficha en .odt
[DESCARGA] Exemplo da ficha en .pdf

SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS