No marco da situación inaudita que nos tocou vivir nestas datas, a Federación de Anpas, en colaboración co Servizo Municipal de Educación, marcouse como obxectivo claro e para combater o aillamento obrigado, o de manter o interese da rapazada e xuventude polos programas educativos que se terían feito en situación de normalidade.
Por iso, mudan os itinerarios pola cidade previstos para estes días, en itinerarios virtuais; itinerarios dirixidos ás mesmas idades ás dos itinerarios normais, ainda que por suposto convidando a toda a familia a que forme parte deste novo mundo virtual no que nos atopamos.