Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

Prezadas familias,

Coma todos os ano, o vindeiro día 14 de xuño celebramos o día da Lingua de Signos Española. Tendo en conta a grande diversidade comunicativa coa que contamos dentro do noso centro educativo, consideramos importante conmemorar este día, co fin de dar visibilidade a esta lingua recoñecida no noso país na lei 27/2007, de 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.

Dende o equipo de profesionais que compón o noso centro, pensamos en adaptar unha canción a lingua de signos española e facer un vídeo.

Sen embargo, a situación de emerxencia sanitaria pola que estamos pasando fai, máis ca nunca, imprescindible a vosa colaboración, polo que vos pedimos que vos gravedes bailando, cantando e signando o retrouso da canción “O porvir é meu”, a cal podedes atopar no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=sxuo8fWJ0SU, dende o segundo corenta e sete ata o minuto e trinta segundos.

RETROUSO

 Medrarei e moi poderosa serei, (no  vídeo  0:47- 0:52)

 e vou ser, todo o que eu queira ser. (no vídeo 0:52- 0:57)

 Medrarei e moi poderosa serei, (no vídeo 0:58- 1:03)

 e vou ser, todo o que eu queira ser. (no vídeo 1:03-1:08)

  Porque a vida é un soño (no víde  e vou soñar a eito. (no vídeo 1:12-1:15)

  E vou tirar proveito de todo o que aínda está porvir (no vídeo 1:16-1:20)

  O porvir, o porvir  é meu… (no vídeo 1:21-1:25)

  O porvir, o porvir  é meu…( no vídeo 1:27- 1:30)

 

Podedes elexir unha frase ou o retrouso completo e gravarvos coa cámara en posición horizontal. Tras isto deberedes enviarnos as vosas gravacións a través dos vosos titores antes do día 5 de xuño.

O día 14 de xuño subiremos a montaxe do vídeo co que seguro gozaredes moitísimo!

Se tedes algunha dúbida preguntade!

Moitas gracias pola vosa colaboración!

Unha forte aperta.