Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Iniciar sesión

A escola poscovid de A Coruña quédase no patio

Coñecedes o Sistema Lupo?

Se non o facedes non vos preocupedes xa que neste curso continuamos co proxecto. Temos a sorte de ser un dos tres centros seleccionados da Coruña.

Lupo é un sistema modular patentado polo arquitecto Fermin Blanco. Consiste nun set de pezas básicas con formas e dimensións proporcionais de modo que permiten gran cantidade de aparellos e combinacións. A orixe do sistema é o seu uso como instrumento didáctico, incluíndo o xogo como medio de aprendizaxe. O PROCESO é parte fundamental da actividade proposta e a  ACCION é o medio para alcanzar os obxectivos. As actividades expoñen contidos de equilibrio e forma que fomentan a capacidade de visión en dúas e tres dimensións proporcionando retos intelectuais ao usuario que estimulan as súas habilidades de coordinación, memoria, sociabilidade e creatividade (http://www.ferminblanco.com/sistemalupo.html)

Saímos na prensa: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2022/01/07/escuela-poscovid-queda-patio/0003_202201H7C5992.htm

Damoslle unha volta ao noso patio? 

Sistema Lupo - Home | Facebook