Aula virtual e Galería

  

Familias

ANPA

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

Iniciar sesión

Reciclamos?

Esta semana e para finalizar, por este curso, co proxecto "construamos un futuro sen plástico" de Voz Natura, compartimos con vosco un Make It elaborado pola profe Sonia sobre a reciclaxe: (Pulsa na Imaxe para acceder)

Imaxe obtida en https://www.amarilloverdeyazul.com/dia-mundial-del-reciclaje-2018/

Por outra banda, recomendámosvos tamén o seguinte libro da editorial Kalandraka chamado "Plásticus Marítimus, Unha Especie Invasora". Trátase dunha guía de campo para concienciar sobre a contaminación por plástico e sensibilizar para un uso racional do mesmo. 

 (Pincha na imaxe para acceder)

Feliz verán de parte do equipo de Voz Natura. Vémonos pronto. Gozade moito do verán e lembrade: canto menos plástico empreguemos na nosa vida, máis nolo agradecerá a natureza.

14 de Xuño - Día Nacional das Linguas de Signos

Coma todos os anos, hoxe, día 14 de xuño celebramos o día das Linguas de Signos Españolas. Tendo en conta a gran diversidade comunicativa coa que contamos no noso centro educativo, unha vez máis consideramos importante conmemorar este día, xa que como recolle o seu lema deste ano: "a lingua de signos non deixa ninguén atrás"

Sen embargo, a situación de emerxencia sanitaria pola que estamos a pasar, fixo imprescindible contar máis ca nunca coa vosa colaboración, grazas a cal puidemos preparar este vídeo coa canción “0 porvir é meu”, de Chuches Amil,  

Esperamos que disfrutedes tanto coma nos ao preparalo!

Unha forte aperta!

PRÓXIMAMENTE NAS VOSAS PANTALLAS

O 14 de xuño festexamos o Día Nacional das Linguas de Signos. Para ese día preparamos unha sorpresa que xa sabedes no que consiste pero non como quedou. Estade atentos a nosa web ou ao noso YouTube.

Voz Natura - A Horta de Charito

Voltamos con actividades para que non vos esquezades da nosa horta, a cal segue a coidar Amalia (moitas grazas de parte de tod@s nós!!!!!).

Pincha na imaxe e descubre o Genial.ly que fixemos para esta ocasión. Podes pulsar en calquer debuxo que atoparás na foto da nosa horta.

Esperamos que vos guste.

Alimentes - Nova Edición

Compartimos convosco a nova edición de Alimentes (Gadis). Cada arquivo corresponde a dous cursos. Esperamos que vos guste e que vos sexa útil.

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

5 DE XUÑO - DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 

Hoxe é venres 5 de xuño de 2020, Día Mundial do Medioambiente, un dos máis importantes do calendario ecoloxista, que foi fixado en 1972. Co fin de que conmemoredes este día dende as vosas casas invitámosvos, por unha banda, a que leades o conto “ A árbore xenerosa” de Shel Silverstein, da editorial Kalandraka.

 

https://www.youtube.com/watch?v=lpzNj82y0ks.

 

Por outra banda, tamén vos convidamos a visitar a web http://www.tuhuellaecologica.org/  na que poderás medir a túa pegada ecolóxica e descubrir infinidade de cousas que podemos facer no noso día a día para conseguir unha sociedade sostible.

 

Esperamos que vos guste e vos faga pensar na importancia de que todos coidemos o noso planeta.

 

 

Unha forte aperta.

Vídeo Resumo Club de Ciencias 19/20

Tras un novo curso de experimentos deixámosvos, como peche do Club de Ciencias 19/20, a ligazón ao blog para que poidades acceder ao vídeo que elaborou o Equipo para lembrar os experimentos realizados este curso. Seguro que tedes ganas de velo. A nós encantounos!

Pulsa na imaxe para acceder

Escolas Branquiazuis

Como sabedes este curso non se poderán realizar as visitas de "Os Nosos Valores - Escolas Branquiazuis". De todos os xeitos, para tentar manter vivo o espírito do proxecto van continuar co Concurso de Debuxo e Redacción que todos os anos realizan en paralelo ás visitas. Compartímosvos algúns detalles:

Tedes as bases do sorteo na seguinte ligazón:

Contamos coa Diversidade

Hoxe empézase a emitir no canle CLAN TV, na franxa 9 h a 12 h os contos da Biblioteca Infantil de Fundación ONCE, no que nenos e nenas con discapacidade viven as súas aventuras e soños:

Día 2 de Xuño

Ramón,  paleontólogo  de profesión – Discapacidade: Trastorno do espectro autista

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

Prezadas familias,

Coma todos os ano, o vindeiro día 14 de xuño celebramos o día da Lingua de Signos Española. Tendo en conta a grande diversidade comunicativa coa que contamos dentro do noso centro educativo, consideramos importante conmemorar este día, co fin de dar visibilidade a esta lingua recoñecida no noso país na lei 27/2007, de 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas.

Dende o equipo de profesionais que compón o noso centro, pensamos en adaptar unha canción a lingua de signos española e facer un vídeo.

Sen embargo, a situación de emerxencia sanitaria pola que estamos pasando fai, máis ca nunca, imprescindible a vosa colaboración, polo que vos pedimos que vos gravedes bailando, cantando e signando o retrouso da canción “O porvir é meu”, a cal podedes atopar no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=sxuo8fWJ0SU, dende o segundo corenta e sete ata o minuto e trinta segundos.

RETROUSO

 Medrarei e moi poderosa serei, (no  vídeo  0:47- 0:52)

 e vou ser, todo o que eu queira ser. (no vídeo 0:52- 0:57)

 Medrarei e moi poderosa serei, (no vídeo 0:58- 1:03)

 e vou ser, todo o que eu queira ser. (no vídeo 1:03-1:08)

  Porque a vida é un soño (no víde  e vou soñar a eito. (no vídeo 1:12-1:15)

  E vou tirar proveito de todo o que aínda está porvir (no vídeo 1:16-1:20)

  O porvir, o porvir  é meu… (no vídeo 1:21-1:25)

  O porvir, o porvir  é meu…( no vídeo 1:27- 1:30)

 

Podedes elexir unha frase ou o retrouso completo e gravarvos coa cámara en posición horizontal. Tras isto deberedes enviarnos as vosas gravacións a través dos vosos titores antes do día 5 de xuño.

O día 14 de xuño subiremos a montaxe do vídeo co que seguro gozaredes moitísimo!

Se tedes algunha dúbida preguntade!

Moitas gracias pola vosa colaboración!

Unha forte aperta.