Letras Galegas 2012A coordinadora de Equipos de Normalización e dinamización Lingüística recolle na súa páxina web actividades realizadas en distintos centros para dar a coñecer a vida e obra de Valentín Paz Andrade, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Accede ás actividades facendo clic sobre a imaxe.
categories [ ]
Obradoiro de cesteríaO alumnado de primeiro ciclo participou o luns 16 de abril nun obradoiro de cestería guiados por dúas monitoras da Casa do Patrón de Lalín. Todos elaboraron os seus cestos que podedes ver no seguinte enlace.
categories [ ]
Novo mobiliario na bibliotecaAcaban de chegar os mobles novos da biblioteca e son chulísimos. Parécennos prácticos, alegres e diferentes. Botádelles un vistazo.
categories [ ]
Formación en linguas estranxeirasAXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012
Para o alumnado de 6º de Primaria ofértanse 510 prazas para estadías de dúas semanas en Galicia para estudar inglés. Prazo de solicitude do 6 de marzo ao 7de abril. Máis información na páxina web da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.es/axudasle
categories [ ]
Novos espazos e pintura da bibliotecaA COR CHEGOU Á BIBLIOTECA
Despois da man de pintura, a cor chegou a biblioteca e todos estamos encantados co resultado. Estrenamos tamén o moble cartoteca para recoller e expoñer mapas e o moble para arquivar DVDs e cintas de video que tamén se entregan en préstamo. Incorporouse un espazo tic con cinco terminais a disposición dos alumnos-as. Podedes ver aquí estas novidades.
categories [ ]
ADMISIÓN 2012-2013
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2012-2013
categories [ ]
Recanto de lectura informalEstrenamos espazo de lectura informal! Xa podedes ler as vosas revistas favoritas nos preciosos sofás novos. Ampliamos a oferta de publicacións deste tipo coa suscrición á revista Reportero doc, que pronto teredes á vosa disposición e que esperamos que vos guste tanto como a revista Caracola.
categories [ ]
CALENDARIO ESCOLAR 2011-2012ACTIVIDADES LECTIVAS
VACACIÓNS
DÍAS NON LECTIVOS
categories [ ]
FELICES VACACIÓNSAta setembro....... O vindeiro curso as clases comezarán o día 12 de setembro de 2011. ALUMNOS-AS QUE COMPLETARON O PASAPORTE LECTOR
categories [ ]
|
Artigos recentes no blog
|