Iniciar sesión: Acceso

Benvida

 foto escola

 

MAIOS 2016

FESTA DOS MAIOS

O pasado mércores 4 de maio fixemos a representación dos maios no patio do colexio. Todos os cursos cantaron as súas coplas arredor do maio e tamén participaron as familias e o profesorado. Foron unhas coplas moi simpáticas e divertidas, e tamén reivindicativas, nas que como todos os anos os deberes, os exames e a LOMCE tiveron o seu protagonismo. Pasámolo moi ben e agradecemos a todos e a todas a súa participación.

Deixamos imaxes do evento e tamén os vídeos das actuacións do alumnado e das familias.

 

MAIO 6º

MAIO 5º

MAIO 4º B

MAIO 4º A

MAIO 3º

MAIO 2º

MAIO 1º

MAIO 6º INFANTIL

MAIO 5º INFANTIL

MAIO 4º INFANTIL

MAIO FAMILIAS

 

PREPARACIÓN DOS MAIOS

O pasado martes 3 de maio estivemos preparando os colares de fiuncho, de pampullos e margaridas, de ovos e de limóns e laranxas para adornar o noso maio que se montou pola tarde para estar listo para a representación do día seguinte. Este ano, tamén viñeron as familias a preparar as coplas para cantar o seu maio. Foi un traballo fantástico e quedounos un maio moi vistoso. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

 

DÍA DO LIBRO 2016

Este ano, para a celebración do Día do Libro e imos relacionala co escritor Manuel María, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas (17 de maio).


Con tal motivo, queremos realizar unha exposición arredor dunha das obras máis significativas deste escritor "OS SOÑOS NA GAIOLA" E gustaríanos contar coa participación das familias elaborando un libriño, elaborado con diferentes materiais (plástico, goma eva, madeira, cartón, tela,...) todos deberán constar de: portada, contraportada, poema e ilustración.


O poema ten que ser dese libro e podédelo escoller nesta páxina web, no enlace que se adxunta ou na páxina web da Caracola Tola:


Deixamos o enlace aquí.  


 


Deixamos un modelo para que vexades como debe ser o libro.


 


Grazas pola vosa participación.


 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA (8 DE MARZO DE 2016)

Para traballar o día da muller traballadora, plantexamos varias actividades baixo o título: "Derrubando valos".

  • O alumnado de quinto curso realizou unha entrevista a unha nai do colexio. A entrevista trataba sobre a conciliación laboral e familiar e as dificultades e atrancos que atopou no seu traballo. A persoa entrevistada é Sonia Lago (nai do alumno de 5º de educación infantil Yoel Martínez Lago) que traballa na Policía Local de Vigo. Deixamos o audio da entrevista e algunhas imaxes da mesma. Queremos agradecer enormemente a Sonia a súa participación nesta actividade que resultou moi interesante para o alumnado do centro.

          ENTREVISTA parte 1

          ENTREVISTA parte 2

  • Buscando a nosa muller traballadora: O alumnado estivo investigando entre o seu entorno próximo para escoller a unha muller traballadora a quen dedicarlle un traballo pola súa dedicación ao longo de toda unha vida. Saíron preciosos traballos de avoas, bisavoas, nais,... que nos relataron a súa historia e quixeron compartila con nós. Resultou un traballo moi interesante que serviu de reflexión sobre o traballo silencioso e esquecido das mulleres galegas que levaron adiante este país en tempos moi difíciles. Moitas grazas por compartilo con nós. Deixamos unha presentación cos traballos aportados polo alumnado de 5º e 6º

 

 

e tamén algúns dos traballos aportados polo alumnado de 4º.

 

  • Dentro das actividades que hai de convivencia entre os centros de Chapela, o alumnado de 6º preparou uns HAIKUS  sobre o día da muller traballadora (sobre a presencia e reivindicación da muller no mundo laboral) que se mostran no IES de Chapela . Fixeron un traballo fantástico. Deixamos a mostra dos seus traballos para que vexades que ben saíron.

  • Deixamos o dossier de actividades realizadas nos diferentes niveis.

     DOSSIER ACTIVIDADES

A GALICIENCIA DO BERETIÑO: 8º OBXECTIVO

O oitavo reto do Beretiño xa está preparado e nesta ocasión está relacionado coas ciencias do mar. Temos que buscar información sobre cantigas mariñeiras e traelas ao colexio para compartilas cos compañeiros e compañeiras e poder conseguir selar a nosa libreta de ciencias no laboratorio de Galiciencia. Animádevos!


  


   Os oitavos obxectivos que nos propón o Beretiño son os seguintes:


   ·       CIENCIAS DO MAR(DO 29DE FEBREIRO AO 1 DE ABRIL):


    INFANTIL E PRIMARIAPARA DESCUBRIR AS CIENCIAS DO MAR, AS CANTIGAS MARIÑEIRAS DEBERÁS INVESTIGAR. 


                 Clica aquí para ver o cartel.

DÍA DE ROSALÍA 2016

Para conmemorar o día de Rosalía, este ano realizamos diversas actividades basadas na poesía de Rosalía de Castro. A proposta da AELG, o propio día 24 de febreiro, o alumnado preparou unhas postais basadas nuns versos de Rosalía das cales deixaremos algunhas mostras. Quedaron fantásticas!








O alumnado de infantil e dos primeiros cursos de primaria traballaron sobre un libro LIM de un poema de Rosalía de Castro de "Cantares Gallegos" (o nº 2 titulado: "Así mo pediron"). Deixamos o enlace na sección de infantil da páxina web onde poderedes atopar o libro LIM e o recitado do poema feito polo alumnado de 6º de educación infantil.


O alumnado de 3º a 6º de primaria traballaron a creación de diferentes poemas a partir de poemas de Rosalía respetando a estrutura e cambiando o contido. Saíron cousas interesantes. Ademais fixeron recitados de poemas de Rosalía dos que vos deixamos mostras. Fixérono moi ben!


Clicade no nome ou nomes dos alumnos/as para visualizar o vídeo.


Recitados de 4º A


      ABIGAIL           AINARA E ANXO BARCA         ALBA           ALEJANDRO


      ÁNGELA            ANXO BESADA                     BRAIS         CARLA CRESPO


      ELVA                GIOVANNA E ÁNGELA           LIDIA E YAIZA     LUÍS


      SAMUEL            SERGIO


Recitados de 4º B


     ADRIÁN             BREIXO                     HUGO E ANXO            IDAIRA


     MARTA              MATEO                      NICO E MIKI             


     PEDRO,TANIA, EYASU E ISLA       SARA, LUCÍA, GABI, MARTÍN E NATALIA


Recitados de 5º


     AARÓN BÓVEDA          AICHA             AINHOA                AKETZA


     ALBA CASTRO            ALBA GÓMEZ      ANTÍA                 ELENA


     EVA                          HUGO               ISMAEL                IVÁN REGUEIRO


     JUAN                        MARA                MARIO                MARTA


     NEREA                      SARA                 SIMÓN                TATIANA


Recitados de 6º


     CLAUDIA E NOELIA                 HANNAH E YAIZA                KEVIN E NANO


     PAULA                                  SOFÍA E KATIA                  XELA


 

DÍA DE ROSALÍA 2016

O equipo de educación infantil elaborou unha actividade LIM para traballar o día de Rosalía.


Deixamos o enlace para poder acceder á actividade. Clicade na imaxe.


   O alumnado de 6º de educación infantil recitou o poema nº 2 de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro titulado "Así mo pediron" e elaborouse unha video montaxe co mesmo. Non volo perdades!


 

DÍA DA PAZ 2016

Este ano para conmemorar  o día da paz fixemos as seguintes actividades:


 


Proxección dos contos: “A pomba da Paz” para infantil e “Península do tesouro” para primaria. A continuación tiveron que facer  unha breve reflexión sobre as películas. Despois, o alumnado participou nalgúns xogos cooperativos levados a cabo no patio: “ Apagar o lume, pasar o aro, ratiños namorados, o baile da pelota,  a foto, o triángulo, o enredo, as cadeiras cooperativas”. Para rematar a xornada cantamos e bailamos a canción “ Apertas que voan”. Deixámosvos algunhas fotos para ilustrar esta conmemoración no colexio.



 




 


 

ENTROIDO 2016

O día 5 de febreiro celebramos O Entroido na escola. Este curso, segundo o Proxecto Integrado de Centro, o leitmotiv foi " 1,2,3 ...Probando".

Deste xeito a escola converteuse nunha mostra de diferentes estilos musicais que foron representados da seguinte manera:

Infantil: " Estrelas do Rock"

1º e 2º : Ritmo Latino

3º e 4º :Escola de Hip Hop

5º e 6º: Coro de Gospel de Angorén

Deixámosvos aquí unha mostra da festa pero podedes ver máis fotos na Galería.

 

Este ano, como o lema do proxecto do centro é "1,2,3...probando", a proposta do meco foi darnos 3 opcións para disfrazarnos: De científicos, de pintores ou de cociñeiros e en función do disfrace que escollemos, temos que ir engadindo diferentes elementos ao noso disfrace, xa que este ano as propostas do Meco, son acumulativas.

 

 

 

O venres pasado deixounos a primeira orde que foi a seguinte:

"Unha bata e mandil traerás e moi guapo/a estarás"

 

O luns:

"Un gorro terás que elaborar se moito queres experimentar"

 

O martes:

"Instrumentos deberás traer para acadar o que ti queres ser". 

       

   

  

 

 

    

O mércores :

"Probando e creando, inventarás o cuarto elemento do teu disfraz".

  

     

  

  

  

   

  

  

 

RADIO BERETIÑO: 2º PROGRAMA 4º B

O pasado mércores 20 de xaneiro o alumnado de 4º B emitiu o seu 2º programa de Radio Beretiño deste curso escolar. Foi un programa moi divertido e cheo de curiosidades. No apartado de curiosidades, faláronnos dunha descuberta marítima: o peixe máis veloz do mundo. Nas recomendacións musicais, puidemos escoitar unha divertida canción titulada "Rapas, rapas" de Xoán Curiel. No apartado de "Novas do cole" lembráronnos a encomenda do Beretiño para esta semana na que temos que convertirnos en meteorólogos e meteorólogas explicando a predición do tempo. Tamén tivemos recuncho literario e nesta ocasión por partida dobre. Alba Castro e Mara de 5º léronnos os seus escritos titulados: "Eu chámome Alba" e " A tráxica vida dun lapis". Foron fantásticos. Vaia escritoras que temos! Tamén nos propuxeron os diferentes concursos de infantil e primaria para que tiveron unha alta participación entre o alumnado. Fixérono fenomenal! Parabéns!

RADIO BERETIÑO:2º PROGRAMA 4º A

Xa temos de volta de novo á Radio Beretiño! O pasado martes 19 de xaneiro o alumnado de 4º A emitiu o seu primeiro programa deste ano 2016. Foi un programa cheo de novidades e de gran variedade. No apartado de curiosidades faláronnos sobre o estómago dos crocodilos. No apartado de "Novas do cole" anunciáronnos as actividades que se realizarán no día da Paz o vindeiro venres 29 de xaneiro. Tamén tivemos recomendación musical, nesta ocasión coñecimos a "Manola", unha simpática peixeira coa canción de María Fumaça. Tivemos tamén o Recuncho literario onde Elena de 5º, leu o seu escrito titulado: "Chámome Elena". Por último, propuxéronnos un novo reto cos concursos de infantil e primaria nos que participou todo o alumnado. Foi un programa fantástico. Parabéns!

 

LIM CIENCIAS

    O Departamento Tic do Ceip Plurilingüe Alexandre Bóveda, elaborou unha actividade LIM para poder practicar diferentes actividades e retos, adaptados a diferentes idades, para investigar, experimentar e traballar contidos relacionados con diferentes aspectos das ciencias. Agardamos que sexa do voso agrado e animámosvos a practicar e experimentar. 


Clicade na imaxe para entrar na actividade.



 

Distribuir contido

OS NOSOS BLOGS

Caracola Tola
Ktivadas
Aulas Bilingües                                                                                                                                                                                     Blog de recursos                                                                                                                                                                                   O tren de angorén

Eventos

« Maio 2016 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

COUSAS, COUSIÑAS...