CURSO 2.011-2.012

Tags:

"Lendo en Atenas, enredando en Londres"

 

Ata esta páxina chegan Wenlock e Mandeville, as mascotas de Londres 2.012, para contarnos que dende este curso 2.011-2.012 o noso cole xa forma parte da rede de centros integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. Isto supón, por unha banda, un recoñecemento ó esforzo levado a cabo nestes últimos anos polo profesorado do centro, e por outra, un pulo para desenvolver o noso proxecto para este curso titulado "Lendo en Atenas, enredando en Londres" adicado ós xogos olímpicos, amais dunha grande oportunidade para os nosos alumnos.

Nova moi interesante

Tags:

Achégate ó noso espazo BIBLIOTECA > Sabías que...?  e poderás descubrir unha interesante iniciativa na que podes participar.

AXUDASLE

Tags:

Publicada no DOG  de 5 de marzo de 2012 a:

Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Podedes atopar toda a información no enlace:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

MATRÍCULA CURSO 2012/2013

Tags:

Dende o 1 de marzo de 2012 está aberto o proceso para a admisión de novo alumnado no centro.

Tedes toda a información no apartado desta páxina:

O CENTRO > SECRETARÍA > MATRICULA

As xornadas de portas abertas serán o 5, 6 e 7 de marzo de 2012 nos seguintes horarios, xa que están establecidos uns turnos de visita:

Mañá: 9:15 // 9:45 // 10:15 // 13:15 h.

Tarde (só o martes día 6): 16:15 // 16:45 // 17:15 // 17:45 h.

 

Nota: non é preciso reservar cita, tan só axustarse a estes horarios.

CULTURGAL 2011

Tags:

Traemos ata aquí unha nova moi interesante: "Culturgal 2011".

Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade.

Para máis información, preme abaixo:

CULTURGAL

OCIOENPONTEVEDRA

XUNTANZA PAIS/NAIS

Tags:

No apartado "Novas" da sección PAIS/NAIS atoparedes información relativa a unha xuntanza convocada pola ANPA para o  día 22-11-2011

Distribuir contido

Contador de visitas

Alojamiento Web