CHARLA FORMATIVA PARA PROFESORADO E FAMILIAS

Estimadas familias: 

En colaboración co Centro de Formación e Recursos de Vigo, e despois do éxito acadado na charla impartida recentemente por Daniel Novoa, ofrecémosvos estoutra que coidamos pode ser do interese de toda a Comunidade Educativa. 

Hai xa un tempo, algunhas familias especialmente sensibilizadas solicitáronnos formación sobre esta temática que afecta á vida diaria de todos moito máis do que poidésemos imaxinar.

Por que vos animamos a asistir?

  • Porque a ponente é unha especialista de recoñecido prestixio, cunha dilatada experiencia e recursos moi útiles.
  • Porque a súa charla pode axudarnos a comprender situacións diarias que nos resultan difíciles de xestionar: hipersensibilidade a estímulos sensoriais, xestión de crises de ansiedade, condutas disruptivas...
  • Porque nos permitirá coñecer mellor ós demais e, por ende, a nós mesmos. 

Por razóns de aforo, precisaríamos coñecer o número de persoas que estaríades interesadas en asistir. En función diso, comunicaremos dentro duns días o lugar de celebración da charla, que en todo caso será ou no centro ou nas súas proximidades. Por iso, pedímosvos que, como data tope o domingo 20 de marzo, cubrades o seguinte formulario. Non é preciso (malia que poida parecelo) introducir ningunha conta de Google. 

Moitas grazas e un saúdo. 

TODOS POLA PAZ

 

Bandeiras con mensaxe nas verxas da nosa escola

Igual ca nós, o noso alumnado está moi preocupado coa guerra en Ucrania. Por tal motivo, durante toda a semana estivemos a traballar o tema nas aulas, e, finalmente, colocamos cintas amarelas e azuis na contorna da escola.

Nas distintas aulas xurdiron iniciativas, como esta recollida no blog do Primeiro Ciclo

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos da rapazada de 3º de Primaria

 

MÁIS QUE NUNCA... PAZ!

AFORO COMPLETO NAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

Xa non quedan prazas para as Xornadas de Portas Abertas do vindeiro 4 de marzo.

Lamentablemente, a situación pandémica obríganos a limitar os aforos. Grazas polo voso interese en acudir ás nosas xornadas e coñecer a nosa escola.  

Distribuir contido