COMUNICACIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DE SANIDADE

Premendo no título anterior podedes acceder á comunicación remitida pola Xefatura Territorial de Sanidade

Esta información coincide coa exposta xa na páxina web da escola, e que podedes ver resumida neste enlace

CHARLA FORMATIVA PARA PROFESORADO E FAMILIAS

Estimadas familias: 

En colaboración co Centro de Formación e Recursos de Vigo temos programado esta charla formativa que consideramos é de interese de toda a Comunidade Educativa. 

Por motivos de aforo é necesario inscribirse neste formulario co día 4 de marzo como data tope. Non é preciso (maila que poida parecelo) introducir ningunha conta de Google. 

AVISO IMPORTANTE SOBRE A XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Xa non quedan prazas vacantes para o día 18 de febreiro

 

Se alguén de vós sigue a estar interesado en acudir deberá inscribirse para o día 4 de marzo neste formulario

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Hora: 17:00 horas

Estimadas familias: 

Dada a actual situación sanitaria cómpre ter en conta os seguintes aspectos para desenvolver coa máxima seguridade esta visita: 

  • Unicamente poderá participar un proxenitor/a por familia
  • Evitarase acudir con nenos
  • Para que non se produzan masificacións haberá que rexistrarse previamente no seguinte formulario, onde manifestaredes a vosa preferencia (Non é preciso iniciar sesión para cubrilo)
  • Deberanse observar todas as medidas hixiénicas: uso de máscara, distancia de seguridade, hixiene de mans

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

Distribuir contido